Ferrol en 3D
Se vostede se pasa pola páxina de cidades en desenvolvemento de Google 3D Wharehouse, verá unha morea de modelos de edificios en tres dimensións que poden ser incorporados ao Google Earth (que se pode descargar de balde). Deste xeito, ademais de ver unhas cantas cidades dende o ceo poderá achegarse e descubrir tridimensionalmente a beleza dos seus edificios no seu propio entorno.
Entre as cidades que teñen modelizadas as súas construcións podemos atopar a París, Tokyo, New York, Barcelona… e Ferrol.

E todo iso gracias a un artista anónimo alcumado Trasancos. Alucinante.
(Vía chuza)
Actualización: Despois de investigar un pouco, creo que o autor é un pontés chamado Hugo Arias. Merece unha noraboa.
Actualización 2: Din nos comentarios que non é Hugo. Errei. Xa non se me pode chamar Xaime P.I.



