Recursos informáticos para galegofalantes
Como conseguir que o seu ordenador fale galego:
Software:
Para poñer o teu Windows XP en galego
Para poñer o teu MS Office en galego
O OpenOffice.org é unha suite ofimática coma o Microsoft Office (é compatible cos seus documentos), coa diferenza de que é de balde (e libre e moi útil).
Jacobo Tarrío, a quen nunca lle poderemos agradecer o suficiente que lle bote tempo a isto, vai facendo traducións dos produtos de Mozilla para que poidamos usalos en galego.
O popular e completo cliente de correo xa ten corrector en galego.
Tradución de Software Libre ao galego. A esta xente tamén hai que darlle moitas veces as grazas. Teñen enlaces a distribucións e aplicacións que soportan o noso idioma.
Unha distribución de Linux en galego.
Outra distribución de Linux en galego.
Recursos en liña:
- Servizo de tradución automática do Instituto cervantes (galego <> castelán)
- Por suposto, a wikipedia galega
Hai moitas máis cousas en galego ahí fora, algunhas moi útiles e actuais e outras non tanto. Bótase en falta un portal da administración galega específico sobre estes temas e un dicionario de galego máis completo.

Recursos informáticos para galegofalantes…
Unha boa recopilación de moitos e moi variados recursos online para galeguizar o teu ordenador….
Há um dicionário galego mais completo que esse minidicionário da RAG:
http://estraviz.agal-gz.org
A consulta das palavas pode fazer-se tamém em norma RAG.
O dicionario Estraviz é moi interesante, pero se ben a consulta se pode facer na normativa da RAG, a resposta que devolve está en normativa AGAL.
E o dic(c)ionario da Xunta de Galic(z)a aínda non recolle a última reforma normativa.
http://chuza.org/historia/educacion-manten-un-dicionario-de-galego-sen-actualizar-pola-ultima-normativa/
Compre dicir moitas das novidades que hai agora en mancomun.org e non tes anotadas, das que cabe destacar:
A tradución do Firefox 2.0 e Thunderbird 1.5 ao galego
Corrector ortográfico para Firefox 2.x e Thunderbird 2.x
E máis…
Saúdos
Na páxina web de vinculos de Central Libreira,
http://www.centrallibrera.com/vinculos/VINCULOS.htm
hai algúns vínculos de temas de cultura galega que poden ser útiles. Entre eles exercicios de galego.
Gustóume moito visitar a túa páxina.
Miguel
Gostariame poder ter o inteface o office 2007 en Galego, hai algún programa que o instale? e de ser así, trae xa corrector ortografcio en galego normativo? Grazas.