Recursos informáticos para galegofalantes

Como conseguir que o seu ordenador fale galego:

Software:

Para poñer o teu Windows XP en galego

Para poñer o teu MS Office en galego

O OpenOffice.org é unha suite ofimática coma o Microsoft Office (é compatible cos seus documentos), coa diferenza de que é de balde (e libre e moi útil).

Jacobo Tarrío, a quen nunca lle poderemos agradecer o suficiente que lle bote tempo a isto, vai facendo traducións dos produtos de Mozilla para que poidamos usalos en galego.

O popular e completo cliente de correo xa ten corrector en galego.

Tradución de Software Libre ao galego. A esta xente tamén hai que darlle moitas veces as grazas. Teñen enlaces a distribucións e aplicacións que soportan o noso idioma.

Unha distribución de Linux en galego.

Outra distribución de Linux en galego.

Recursos en liña:

Hai moitas máis cousas en galego ahí fora, algunhas moi útiles e actuais e outras non tanto. Bótase en falta un portal da administración galega específico sobre estes temas e un dicionario de galego máis completo.

7 comentarios

  1. chuza.org | 12 de Setembro de 2006 - 2:02 pm

    Recursos informáticos para galegofalantes…

    Unha boa recopilación de moitos e moi variados recursos online para galeguizar o teu ordenador….

  2. Outro | 12 de Setembro de 2006 - 2:11 pm

    Há um dicionário galego mais completo que esse minidicionário da RAG:

    http://estraviz.agal-gz.org

    A consulta das palavas pode fazer-se tamém em norma RAG.

  3. xaime | 12 de Setembro de 2006 - 2:31 pm

    O dicionario Estraviz é moi interesante, pero se ben a consulta se pode facer na normativa da RAG, a resposta que devolve está en normativa AGAL.

  4. Calidonia | 12 de Setembro de 2006 - 4:16 pm

    E o dic(c)ionario da Xunta de Galic(z)a aínda non recolle a última reforma normativa.

    http://chuza.org/historia/educacion-manten-un-dicionario-de-galego-sen-actualizar-pola-ultima-normativa/

  5. jaborr | 19 de Xuño de 2007 - 7:43 pm

    Compre dicir moitas das novidades que hai agora en mancomun.org e non tes anotadas, das que cabe destacar:

    A tradución do Firefox 2.0 e Thunderbird 1.5 ao galego
    Corrector ortográfico para Firefox 2.x e Thunderbird 2.x

    E máis…

    Saúdos

  6. miguel justo | 20 de Xuño de 2007 - 10:06 am

    Na páxina web de vinculos de Central Libreira,
    http://www.centrallibrera.com/vinculos/VINCULOS.htm
    hai algúns vínculos de temas de cultura galega que poden ser útiles. Entre eles exercicios de galego.
    Gustóume moito visitar a túa páxina.
    Miguel

  7. Xosé | 15 de Xaneiro de 2008 - 1:03 pm

    Gostariame poder ter o inteface o office 2007 en Galego, hai algún programa que o instale? e de ser así, trae xa corrector ortografcio en galego normativo? Grazas.

Deixa unha resposta