Gaim

Non está vostede canso de usar catro tipos de clientes de mensaxería instantánea? O MSN, o gtalk (ou jabber), o Yahoo Messenger…

Cada un dos seus amigos usa un distinto e vostede non quere perder contacto con ninguén. Non sería marabilloso que existise unha aplicación que permitise conectar con todos eles? pero gratis, eh.

Pois ben, existe. Chámase Gaim. Hai versións para Windows e Linux. Pode descargarse de balde e a súa instalación non é demasiado complicada.

Gaim

Vaiamos por partes:

  • Baixaremos a versión 2.0.0-0beta3.1 (para windows sería esta).
  • Instalámola polo procedemento de “Dálle que yes a todo”.
  • Unha vez instalada, a executamos e nos aparecerá a fiestra de “Cuentas” na que deberemos engadir cada unha das contas que posuamos nos distintos sistemas de mensaxería. Elixiremos o protocolo e encheremos os dados de nome de usuario, contrasinal e alcume. No MSN é trivial, pero se usamos gtalk deberemos seguir estas sinxelas instruccións.

Unha vez feito isto xa podemos comezar a usalo, aínda que convén botarlle unha ollada a “Preferencias e Complementos“, no menú Herramientas, para configurar o Gaim ao noso gusto (como por exemplo activar o complemento de “Icono del area de notificación del sistema”, para facelo menos intrusivo).

Non hai comentarios, pero aínda estás a tempo

Deixa unha resposta