Room Area Network
Cando fai un par de anos decidín mercar un portátil dinme conta de que necesitaba unha rede wifi na casa. Amañei un PC vello e púxenlle unha tarxeta wifi. Logo lle instalei unha ubuntu e o convertín nun servidor multipropósito. Facía de punto de acceso wifi, servidor ftp, ssh, proxy, mldonkey e daba servizo de cortalumes e QoS. A traveso del accedían a internet un PC de escritorio, un portátil, unha Nokia 770 e ofrecía cables ethernet e acceso wifi ás visitas. Era a miña navalla suíza informática. Gracias a el tiña acceso dende fora da miña casa a todos os meus arquivos, facía de pasarela a onde fixese falla grazas ao port forwarding do ssh e me sacaba de apuros moitas veces.
Todo iso estaba enriba dun armario nunha habitación que servía de almacén e de sala de informática. Pero a futura chegada dun novo membro da familia impuxo unha reordenación dos espazos na casa. O CPD/almacén converteuse no meu dormitorio e e meu dormitorio pasou a pertencer a otro Xaime máis novo.
E agora que fago? O meu cutre-servidor fai demasiado ruído como para poñelo nunha parte habitada da casa (e practicamente son todo zonas habitadas).
Momentaneamente na sala hai un linksys WRT45G correndo DD-WRT que da servizo de punto de acceso wifi/ethernet e de servidor ssh. Alí tamén está o PC de escritorio, alí uso o portátil e alí descansa a Nokia 770 cando está na casa.
Agora teño unha rede de area habitacional.

Encántame este post. Eres xenial.
Saúde