Ferrol en 3D

Se vostede se pasa pola páxina de cidades en desenvolvemento de Google 3D Wharehouse, verá unha morea de modelos de edificios en tres dimensións que poden ser incorporados ao Google Earth (que se pode descargar de balde). Deste xeito, ademais de ver unhas cantas cidades dende o ceo poderá achegarse e descubrir tridimensionalmente a beleza dos seus edificios no seu propio entorno.

Entre as cidades que teñen modelizadas as súas construcións podemos atopar a París, Tokyo, New York, Barcelona… e Ferrol.

ferrol concello

E todo iso gracias a un artista anónimo alcumado Trasancos. Alucinante.

(Vía chuza)

Actualización: Despois de investigar un pouco, creo que o autor é un pontés chamado Hugo Arias. Merece unha noraboa.

Actualización 2:  Din nos comentarios que non é Hugo. Errei. Xa non se me pode chamar Xaime P.I.

4 comentarios

  1. Alberte | 1 de Outubro de 2006 - 2:26 pm

    Non é por picar, pero o Pazo Municipal quedoulle mellor a Trasancos en 3D que o que é na realidade; e non falemos da “elegante” Praza de Armas. Só falta un detalle en 3D, o coche de Juncal aparcado diante das escaleiras.

  2. Suevo | 16 de Decembro de 2006 - 1:53 am

    Xaime, chego un pouco. Só concretar que Trasancos non é Hugo (traballa no negocio de Hugo) pero os deseños fainos el nos seus ratos libres.
    Veña, nada mais. Saudos.

  3. Suevo | 16 de Decembro de 2006 - 12:37 pm

    queira dicir que chegaba un pouco… tarde :)

  4. Suevo | 16 de Decembro de 2006 - 12:38 pm

    queria… [”manos blandas” teño :(

Deixa unha resposta