Arquivo de Setembro de 2006

A madonna caida das tetas ghrandes

FHelga e Flick

Herr Flick: Teño tres “Madonnas caidas das tetas ghrandes” con seis grandes tetas. Só unha delas é auténtica.

Helga: Só unha teta?

Aló-Aló (1982-1992)

Política e Internet

Ás veces esquecemos a gran fractura que existe entre os criados na xeración da tecnoloxía e os que aínda viven nun mundo xestado noutro século.

Esta división prodúcese non só por tramos de idade, senón tamén por localización xeográfica, extracción social ou profesión. É un problema de difícil solución que temo non se resolverá ata que os nacidos nesta década sexan os protagonistas do futuro (iso non exime aos políticos do presente da responsabilidade de afrontalo nas súas vertentes máis graves: a fractura económica e a xeográfica).

A actual xeración que ocupa a elite do poder no estado (e tamén en Galicia) pertence por idade e profesión, salvo algunhas honrosas excepcións, a novocentistas criados na cultura da metade do século XX. Non puideron por idade ter unha formación tecnolóxica. Non é culpa súa a década na que naceron, pero si que o é a falta de interese que amosan hoxe en día.

Os políticos toman decisións políticas. É o seu traballo. Contan co asesoramento de técnicos moi capacitados, pero tamén se apoian moito na súa experiencia a coñecemento.

É coñecido nos seus círculos que Rajoy, Touriño, Quintana, Núñez Feijoo e moitos outros políticos de primeira liña non saben apenas manexar un rato. Non é un mérito pero tampouco é tan grave como se o que tivera esa eiva fose o ministro de industria (que entre outras ten as competencias de telecomunicacións e da sociedade da información).

As manifestacións do ministro José Montilla sobre a intención do goberno de lexislar para impedir acceder determinados contidos de internet aloxados no estranxeiro ao amparo da futura “Lei de impulso da sociedade da información” é probablemente froito desa fractura tecnolóxica e xeracional.

O ministerio non entende que non se pode tratar o acceso á información en internet como se fose un artigo de importación que ven en containers e que pode ser ilegal no pais receptor. Ata o de agora non foron bloqueadas as emisións de radio con contidos ilícitos en España que se poden recibir por onda media (incitando á violencia ou fomentando a discriminación racial). Probablemente por que é imposible.

Implantar sistemas de censura no acceso ao tramo internacional da rede requiriría dunha infraestrutura que só posúen China, países islamistas radicais e pequenas ditaduras. Habería que facer un convenio con eses países para intercambiar experiencias e tecnoloxía de filtrado. Pertencer a ese club daría vergoña a calquera democracia.

Pero é que ademais na práctica é case imposible facelo. Pódese saltar ese filtro de moitos sinxelos xeitos de sobra coñecidos polos activistas a prol das liberdades e dos dereitos humanos desas ditaduras.
Evidentemente os que son descubertos facéndoo son duramente reprimidos polo réxime. Ese é o mellor método de control. ¿Será España capaz de facer algo así?

Confiemos que Joan Clos teña máis prudencia á hora de ter ideas e máis tempo para escoitar aos asesores do ramo.

Festas da Guadalupe 2006

Cartaz da Guadalupe 2006

A mais grande festa do verán cadra este ano durante a semana do 8 ao 15 de setembro.
Milleiros de almas cantando a rianxeira cunha bengala na man non poden estar erradas.

A emoción apoderarase da praza do campo o venres 15 cando ás dúas da mañá as tres orquestras comecen cos compases do himno adicado á moreniña e cinco mil mans de lume érganse cara o ceo.
A festa, coma sempre, rematará cando lle cadre.

300 cadaleitos

- O seu home esta ahi fora loitando con 300 dos meus.
- Pois sera mellor que vaia preparando 300 cadaleitos.
- Quen se cree que e o seu home? Deus?
- Deus tería piedade. Rambo non.

Diálogo apócrifo atribuido a Rambo (1982)