Un agasallo para os Xaimes
Quedan moi poucas semanas para que naza Xaime, fillo de Xaime e neto de Xaime, e para festexar a ocasión vou a ofrecerlle un agasallo a os Xaimes que o queiran: 20 enderezos de email de 2 GB de capacidade co formato apelido@xaime.net e xestionados dende unha interfaz de gmail.
Por exemplo, se vostede se chama Xaime Aneiros, ofrézolle de balde o enderezo aneiros@xaime.net.
Os dous únicos requisitos son :
- Chamarse Xaime
- Enviar un email a xaime(arroba)xaime.net contándome algo de vostede (non pido gran cousa, algo do estilo de “Chámome Xaime Aneiros, teño 29 anos e son charcuteiro en Portozás”. É só para saber a quen lle fago o agasallo, evidentemente este datos non se usarán para nada nin se difundirán).
Deste xeito vostede poderá ter un enderezo de email único e orixinal que inclua o seu nome.
Xaime Bello, Xaime Pita, Xaime Fandiño… ¿a que están agardando?

Un Agasallo para os Xaimes…
Quedan moi poucas semanas para que naza Xaime, fillo de Xaime e neto de Xaime, e para festexar a ocasión vou a ofrecerlle un agasallo a os Xaimes que o queiran: 20 enderezos de email de 2 GB de capacidade co formato apelido@xaime.net e xestionados den…
¡Eu coñezo un Xaime Aneiros! E non é coña :D
Pois dille que lle regalo un enderezo ben chulo.
pois eu chamome xaime, meu fillo chamase xaime, e meu pai tamen se chama xaime, todos somos xaime bobillo asi que cun enderezo chega pra todos
unha aperta
Xaime bobillo
Acabo de flipar!
non sei que facía eu buscándome a min mesmo na internet e de súpeto, tópome con este blog en google, que dicía “Chámome Xaime Aneiros, teño 29 anos e son charcuteiro en Portozás”, alucinei e vin para aqui, porque eu si me chamo Xaime Aneiros e teño 28 anos para 29 pero non son charcuteiro, ahi fallaches, son fotógrafo e diseñador gráfico recién titulado.
so teño unha preguntiña, ¿cómo e que puxeches o apelido Aneiros? ¿seica coñeces algún Aneiros ou qué?
bueno Xaime (supoño) seguimos en contacto.
pd. E que ainda non o creo, fai un mes ou así, se puso en contacto comigo unha rapaza de Ucrania, que se apelida Aneiros, e claro, non o creía o principio, pero chateei con ela e parece que sí, que se chama Anastasia Aneiros, e é filla de ucraniana e cubano, incrible, non é?