Conversa
Está moi ben ler blogs noutras linguas da península. Apréndese moito (non só idiomas).
E para saltar as barreiras idiomáticas que mellor que a pértega do OpenTrad
Está moi ben ler blogs noutras linguas da península. Apréndese moito (non só idiomas).
E para saltar as barreiras idiomáticas que mellor que a pértega do OpenTrad
Hace tiempo Alvy de Microsiervos escribía una anotación muy interesante sobre la lotería primitiva donde explicaba, entre otras cosas, un sistema para tener más posibilidades de ser el único acertante en el improbable caso de acertar la combinación ganadora.
Resumiendo mucho, la técnica se basa en usar aquellos números que son menos elegidos por los jugadores de primitiva. De este modo si esa combinación es la que sale del bombo es muy probable que solo exista un ganador y por lo tanto no tenga que repartir el premio (aunque el propio Alvy reventó el sistema al provocar que cientos de geeks se lanzasen a hacer el cálculo y los números dejasen de ser tan secretos).
Todo esto viene a que tres compañeros de trabajo hemos decidido que nuestro propósito de año nuevo es que nos toque la primitiva, así que sin más tardanza y aprovechando la laxitud de estas fechas, decidimos recopilar las series de número ganadores y de acertantes, meterlas en una hoja excel y descubrir los números mágicos para apostar por ellos semanalmente (con alguno cambiado para evitar el efecto Alvy).
Los números son… no, pensándolo mejor no les voy a decir cuales son. En cambio voy a resaltar un dato curioso extraído del análisis de los números favoritos de la loto. El del cinco.
Todos tenemos un número favorito. El mío es el dos. No se a que se debe, quizás a que tengo muchas cosas repetidas (dos brazos, dos piernas, dos orejas, dos padres, dos idiomas, etc). Pero no coincido con el grupo mayoritario de gente que de entre los diez primeros números tiene por favorito el cinco.
No se porqué es así, pero es un dato que se nos hace más evidente si tenemos en cuenta que los dos números más elegidos, de entre los 49 de la primitiva, son el 25 y el 15, y además muy claramente. ¿Qué tiene el cinco?
Lo único que está claro es que tras analizar el número de premiados que habían elegido abrumadoramente el 5 (o terminados en 5) como uno de sus números de la suerte en los casi dos mil sorteos de la lotería primitiva realizados hasta hoy, teniendo en cuenta que la realización de primitivas es una afición muy extendida y que no conozco más datos o encuestas al respecto sobre tan trascendente tema, estoy en disposición de hacer la siguiente afirmación que a partir de ahora queda incorporada al saber popular:
El cinco es el número favorito de los españoles. He dicho.
P.D: Por el culo te la hinco.
Quen o considere oportuno que vaia acendendo as antorchas.
Ultra Marinho - Galicia Love Generation (Eduardo Blanco Amor, con herexes guitarras)
Siniestro total - Hino Galego (Este é directamente sacrílego)
Despois de ver a última dos aduaneiros e recollendo a xenial idea de Modesto, xa teño a frase que debe ir no preámbulo do noso novo estatuto:
“O Parlamento de Breogania, recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía de Breogania, definiu de forma maioritaria a Breogania como país rumoroso. A Constitución Española, no seu artigo segundo, recoñece a realidade celta de Breogania como nacionalidade.”
Sei que ao principio constará un pouco acostumarse ao novo nome do país, pero é polo ben de todos. Xa non máis discusións sobre que somos, nin máis agreas polémicas entre Galicia e Galiza, a nosa auto-definición política debe ir dentro do nome da autonomía.
E para que a adaptación sexa máis sinxela, vou adiantando traballo na remodelación dos nosos principais símbolos identitarios.




Xa hai uns cantos anos, alguén (creo que era Marcus) falábame da posibilidade de usar o dominio en internet de Gabón (.ga) para as páxinas galegas. Tiña un contacto co administrador do dominio e propuña construír a comunidade galega en internet colgando de Gabón. Xa antes do boom da rede de redes víase a necesidade de agrupar a presenza galega en internet, a súa cultura e a súa lingua, en torno a un dominio de seu.
Fai pouco xurdiu a Asociación PuntoGal, perseguindo o obxectivo de acadar un dominio galego (.gal). Din que será un proceso longo, duro e difícil, pero se culmina con éxito será unha boa nova para a visibilidade de Galicia.
Todo isto ven a que revisando as estatísticas deste blog, atopo que un dos máis fieis visitantes que teño usa unha máquina co dominio de Grenlandia (.gl). Non se trata de que nas frías noites da gran illa danesa alguén pase o rato neste modesto recuncho, non. É que un espelido rapaz galego de nome Suso rexistrou o dominio suso.gl
Cando polo mundo adiante queren usar dúas letras para referirse á nosa lingua, úsase GL.
Así a wikipedia galega é gl.wikipedia.org, o google en galego é www.google.com/intl/gl, en UNIX o galego é gl_ES. Aínda que os nacionalistas prefiren GZ, a opción natural (e de concordia) é GL.
Por iso fíxome tanta ilusión atopar a páxina dun galego baixo o dominio de Grenlandia.
Non creo que haxa moitas, vin que os dominios gl non chegan aos mil. Alguén coñece algunha máis?

Non sei se coñecerán vostedes o imperio ALI. Trátase dun conxunto de superficies comerciais temáticas situadas nunha esquina do ferrolán polígono da Gándara.
Ultimamente frecuento moito o almacén adicado a produtos para nenos pequenos. ALI Bebé é un mundo de fantasía onde cousas que non imaxinas que existen, e moito menos que use un neno pequeno, atópanse en seis cores e catro tallas. O meu lema nesa tenda sempre é “ateñámonos á lista”.
Tamén venden xoguetes para neonatos. O outro día estaba fedellando cuns peluches con forma de coello e patiño cando de súpeto un deles comezou a recitar o seguinte:
‘’Santo Angel de mi Guarda, mi dulce compañía, no me desampares ni de noche ni día, hasta que me pongas en paz y alegría, con todos los santos Jesús, José y María. Y si me desamparas, qué será de mi? Angel de mi Guarda, recemos por mi'’.
Algún empresario xogueteiro opina que o lavado de cerebro ten que comezar moi cedo. Son bonecos realmente sinistros. Lémbranme o especial cariño que lle teñen os sacerdotes aos nenos pequenos. Cando España era gobernada dende os cuarteis e a sacristía estas cousas eran habituais, pero a estas alturas é bastante rancio. Seméllanse aos cadernos de caligrafía de ghanito.
O peor de todo é que mentres eu me afastaba entre gargalladas, dúas rapazas falaban do bonitos que eran e do adecuados que serían como agasallo para o fillo dunha amiga.
Eu aínda non lle cantei a internacional ao meu fillo. Deixemos aos nenos medrar en paz.
Levo un mes procastinando este blog, un mes que aproveitei para estar de vacacións, cambiar uns dous mil pañais, ler a Orhan Pamuk (teño “El libro negro” en cola dende antes do Nobel) e empacharme de episodios de El ala oeste de la Casablanca (por recomendación do alcaldable) e algunhas outras series. Nunha casualidade cósmica a galega decidiu tamén repoñer Magnum P.I. polas mañás. Teñen vostedes que comprenderme.
Pero o luns remata este mes irreal e terei que reincorporarme ao traballo e darlle ao ghanapán. Tentarei tamén retomar este blog.
Los tauronenses taladraron para sacar tylium en una luna demasiado cerca de la linea de armisticio Cylon.