Un mes
Levo un mes procastinando este blog, un mes que aproveitei para estar de vacacións, cambiar uns dous mil pañais, ler a Orhan Pamuk (teño “El libro negro” en cola dende antes do Nobel) e empacharme de episodios de El ala oeste de la Casablanca (por recomendación do alcaldable) e algunhas outras series. Nunha casualidade cósmica a galega decidiu tamén repoñer Magnum P.I. polas mañás. Teñen vostedes que comprenderme.
Pero o luns remata este mes irreal e terei que reincorporarme ao traballo e darlle ao ghanapán. Tentarei tamén retomar este blog.

Xa sabes que serás benvido na oficina, ainda que comprenderemos que non teñas moitas de ganas de estar connosco.
Era hora de que retomaras o blog. Ainda que o entendemos, sobre todo polo tema dos pañais (Só cambiaches 2000??).
Benvido