Grenlandia

GrenlandiaXa hai uns cantos anos, alguén (creo que era Marcus) falábame da posibilidade de usar o dominio en internet de Gabón (.ga) para as páxinas galegas. Tiña un contacto co administrador do dominio e propuña construír a comunidade galega en internet colgando de Gabón. Xa antes do boom da rede de redes víase a necesidade de agrupar a presenza galega en internet, a súa cultura e a súa lingua, en torno a un dominio de seu.

Fai pouco xurdiu a Asociación PuntoGal, perseguindo o obxectivo de acadar un dominio galego (.gal). Din que será un proceso longo, duro e difícil, pero se culmina con éxito será unha boa nova para a visibilidade de Galicia.

Todo isto ven a que revisando as estatísticas deste blog, atopo que un dos máis fieis visitantes que teño usa unha máquina co dominio de Grenlandia (.gl). Non se trata de que nas frías noites da gran illa danesa alguén pase o rato neste modesto recuncho, non. É que un espelido rapaz galego de nome Suso rexistrou o dominio suso.gl

Cando polo mundo adiante queren usar dúas letras para referirse á nosa lingua, úsase GL.
Así a wikipedia galega é gl.wikipedia.org, o google en galego é www.google.com/intl/gl, en UNIX o galego é gl_ES. Aínda que os nacionalistas prefiren GZ, a opción natural (e de concordia) é GL.

Por iso fíxome tanta ilusión atopar a páxina dun galego baixo o dominio de Grenlandia.
Non creo que haxa moitas, vin que os dominios gl non chegan aos mil. Alguén coñece algunha máis?

12 comentarios

  1. Marcus | 12 de Decembro de 2006 - 5:50 pm

    Xaime, eu mesmo estaba pensando en pillar o dominio marcus.gl en vez de marcus.es, pero iso de ter que solicitarlo por fax e pagar máis que para outros dominios botoume para atrás. Prefiro agardar ó .gal (pois coido que o imos acadar).
    Dubido que haxa moitos galegos empregando tal dominio, xa que hoxe só hai 571 dominios rexistrados (xa que os pingüíns non teñen acceso á Rede), aínda que teño que lembrar que o dominio de Xibraltar (.gi) si está a ser empregado masivamente por xente de Girona.

  2. jose manuel lage | 12 de Decembro de 2006 - 7:57 pm

    Concordo contigo Xaime, resultoume moi interesante esta anotaación.

    Saúde

  3. chuza.org | 12 de Decembro de 2006 - 9:37 pm

    O dominio .gl…

    Fala sobre a posibilidade de empregar o dominio .gl, mentres non otorgan o punto gal…

  4. colazo | 13 de Decembro de 2006 - 2:15 am

    para páxinas persoais o dominio .eu
    eu, galego e europeo ;-))

  5. Suso | 13 de Decembro de 2006 - 2:22 am

    :D Éche curioso, porque aínda non fixen oficial o meu dominio (o meu blog, ademáis de un chisco abandonado, segue no dominio suso.name que usaba ata agora). Pero as estatísticas web non minten ;)

    A ver se algún día poño un artigo sobre o tema… Realmente collín o suso.gl porque todos os que me gustaban estaban collidos (suso.net, suso.org, suso.es, suso.cc), e eu quería ter un dominio “suso”, era unha especie de capricho ;) E “gl” gustábame máis que “ga”, “gz”, ou mesmo “gal”. Como ben dis é o código da lingua galega, e ao estar varios anos traducindo software a galego e usando o “gl” para arriba e para abaixo, para min é a cousa máis natural.

    Realmente o procedemento dos dominios .gl aborrece a un santo. E o peor non é o tema do fax, mais os cartos que cobran os bancos de comisión pola transferencia :( A parte boa é que “no futuro” (vai saber o que significa iso para un esquimó), vaise poder pagar con tarxeta de crédito. Claro que, ver a cara do dono da tenda cando lle dixen que quería mandar un fax a Grenlandia, é impagable :D

  6. Kandpalleiro | 13 de Decembro de 2006 - 7:15 am

    Vexo interesante ista “opción de concordia” ainda que tamén opino que para os dominios persoais o .eu ven sendo como mais enxebre

  7. xaime | 13 de Decembro de 2006 - 7:58 am

    En todo caso, Suso, hai que darche os parabéns.
    Ademáis o tema serviume para ler un pouco sobre Grenlandia. É un casi-país interesante. Mágoa que sexa tan difícil atopar un paquete vacacional con destino a esta gran illa.

  8. Suso | 13 de Decembro de 2006 - 12:10 pm

    Hehe, eu tamén aproveitei para ler algo, é un sitio realmente curioso :)

    (tamén apoio o uso de .eu para páxinas persoais… tenteino, pero o suso.eu estaba xa ocupado, non houbo sorte) :(

  9. Dan Carter | 15 de Decembro de 2006 - 12:26 am

    Bem o de .gl, é optimo. Penso que é muito mais estético do que GAL, a mim lembra-me a G.A.L., parabéns pola imaginativa ideia. Eu gosto mais de GZ, porque é o nome do país, mas considero razoável o GL. Embora os maiores detractores do GZ, adorem o Es.

  10. xaime | 15 de Decembro de 2006 - 1:00 am

    Galiza é o nome do país… que prefiren os nacionalistas (coa porcentaxe de poboación que iso supón).
    GZ son dúas letras, a primeira e a terceira consoante da palabra Galiza.
    Se se quere abreviar con dúas consoantes Galiza (ou Galicia), o natural é usar a primeira e a segunda, é dicir, GL (como fai a maioría da xente).
    Naturalmente cada un pode usar as consoantes que lle pete, e darlle a interpretación que lle pareza. Eu cando uso GZ, por exemplo, reivindico a dignidade do Gonzo por riba de Goncio (que é unha palabra lituana que vai ti a saber que quere dicir).

    E que conste que a min me gusta moito máis coma nome de país o que acuñou Modesto: BREOGANIA.

  11. ModestoWeb » Tudo o que você queria mirar | 23 de Decembro de 2006 - 1:48 am

    […] […]

  12. DRoBeR | 27 de Marzo de 2008 - 6:08 pm

    “Bueno”, eu “son castelán” pero gústanme toda-las culturas… e “lingvas” :)

    Pra facer unha alusión directa ao galego… eu rexistrei galaico.eu (e galaica.eu)
    Realmente dame igual una lingua que outra… sempre me pareceran ferramentas
    para a comunicación.

    Non son un “antigaleguista facha” nen un “rancio suprahipergaleguista”. :)
    Simplemente gústame o coñecemento…

    Perdón por as moi probabeis faltas de ortografía e gramática galaica :D
    Un saúdo.

Deixa unha resposta