Breogania
Despois de ver a última dos aduaneiros e recollendo a xenial idea de Modesto, xa teño a frase que debe ir no preámbulo do noso novo estatuto:
“O Parlamento de Breogania, recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía de Breogania, definiu de forma maioritaria a Breogania como país rumoroso. A Constitución Española, no seu artigo segundo, recoñece a realidade celta de Breogania como nacionalidade.”
Sei que ao principio constará un pouco acostumarse ao novo nome do país, pero é polo ben de todos. Xa non máis discusións sobre que somos, nin máis agreas polémicas entre Galicia e Galiza, a nosa auto-definición política debe ir dentro do nome da autonomía.
E para que a adaptación sexa máis sinxela, vou adiantando traballo na remodelación dos nosos principais símbolos identitarios.





E entonces nós agora que seremos?: Breoganenses?, breoganos?, ….
Uff, non me soa moi ben, aínda que se existe consenso de tódalas forzas políticas por min vale. Así polo menos non andariamos metidos en liortas de si Galiza ou Galicia. O tema estaría solucionado.
Breogania, país rumoroso…
Xaime atopou xa o texto da concordia para o novo Estatuto: “O Parlamento de Breogania, recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía de Breogania, definiu de forma maioritaria a Breogania como país rumoroso. A Constitución Española, no seu art…
Simplemente xenial :D
Parabens!
Como gentilício quedava bem “breogáns” ou “breoganos”.
Agora só resta a soluçom ao conflito normativo… Qual é o idioma próprio de Breogánia? O breogano? O breogano-português? O corunho? Verbo do gram Camões-Fala de Breogám? O rumor (por aquilo de “que dim os rumorosos”)?
Parabens pola ideia.. A mim também me parece genial.
Não adianta muito, teriamos a dupla Breogánia/Breogania dependendo da acentuação portuguesa ou espanhola (bem, a “galega”).
A língua própria de Breogánia é o Breogano, que forma um diassistema linguístico com o Viriatês. O Cidês, língua oficial do Reino de Cidânia e tontaria de tontarias, também é língua oficial de Breogánia. :0)
Parabéns a deshora polo novo ferrolán e polo blog.
é unha xenialidade…
[…] PD: Máis sobre o topónimo: En Chuza e Berridos do Sur. Tamén recomendable Breogania, a simpática brincadeira de Xaime. Comments » […]
Ei, BG xa é o utilizado por Bulgaria. Propoño BN.
E o himno, obivamente, o “Queixume dos Eucalitos”.
[…] a) A consellería debe cambiar de empresa de mensaxería. b) Galicia, Galiza, Galucia e Breogania son formas históricas lexítimas galegas no sentido filolóxico. As catro circularon na época do pre e post-fraguismo, pero só Breogania mantivo ese feeling tan cool de xeito ininterrompido ao longo da historia na lingua oral. c) A denominación oficial do País normativa e xurídicamente lexítima é “Aquí”. […]
Breogania soa a pais dos hermanos marx!
benvido a república de breogania señor embaixador de turulandia!
grande!