Síntomas
Hai dúas cancións que se cantan moito en Ferrol.
A primeira delas, cuxo autor descoñezo, comeza cuns versos enigmáticos:
Ferrol, Ferrol / donde yo nací / bajo un ardiente sol.
A entonan todos o vellos taceiros cando lles sube o nivel de clarete en sangue.
É importante sinalar que os días nos que en Ferrol luciu un “ardiente sol” durante este século pódense contar cos dedos da mán dun yakuza. Ata o momento ninguén foi quen de explicarme o significado desta letra.
A outra gran canción ferrolá ten esta estrofa inicial:
Vivo al a lado del mar / en un pueblo donde perder es lo normal
Los que pudieron escapar juraron no volver jamás.
Moi poucos son os ferroláns que non se emocionan cando escoitan esta gloriosa descrición da nosa cidade. É un tema composto e interpretado por unha banda chamada “Los limones del caribe” (polo do ardiente sol, supoño). Tiveron moita sona e aínda vinte anos despois seguen a tocar a cancionciña alí onde os invitan.
En Ferrol naceron Francisco Franco e Pablo Iglesias.
En Ferrol temos os maiores estaleiros de Europa pero temos prohibido facer barcos.
En Ferrol temos un xornal moi vendido que nas súas páxinas locais non para de laiarse do moito mal que nos fan os de fora. Bótalles a culpa de todas as nosas desgrazas.
Hai que engadir que na sección de noticias de Galicia non desaproveita a ocasión de insinuar que os ferroláns somos uns choróns.
Evidentemente o menos que podíamos facer era nomear ao editor dese xornal fillo adoptivo de Ferrol.
¿Que nos pasa doutor?

Ferrol es una ciudad con poco conciencia de si misma, con poco amor propio, la gente se dedica a sobrevivir, mientras su clase política es de lo peor que se ha visto nunca, jugando a sabe Dios que mientras su ciudad es una especie de zombi que deambula y arrastra sus pies.
Ferrol ha sido una víctima de ese discurso abstracto de “Planes estrategicos” y “Planes de choque”, que no eran absolutamente nada, y así está como está.
Una ciudad podrá ser mejor o peor tratada desde fuera, pero si ni siquiera confia en si misma, entonces no tiene nada que hacer, y Ferrol está muerto por dentro.
Yo, cada vez que paso por ahí, me pongo hasta melancólico, es algo que se respira en el ambiente.
Son de Ferrol e dou fe tamén de que nos anos da miña vida…(que van cara aos 34) ‘endexamais dos endexamaises’ comprendín o significado do ‘ardente sol’…
Os ferroláns somos un caso de dar de comer aparte, curiosamente sempre andamos a laiarnos do mal que anda todo, do chungos que son os nosos políticos e tal, pero cando é unha persoa de fora a que o fai, sacamo-las unllas nun arrebato cidadanista (especialmente se o interlocutor é un coruñés).
Falando do primeiro tema, ese de “Ferrol, Ferrol, Ferrol donde yo nací”, dicirche que a torre do concello botou uns dez anos tocándoa tódolos días do verán ás nove da mañá (e a miña casa está a escasos vinte metros dos altofalantes) e que aínda é o día de hoxe que me poño de mala hostia ó escoita-la. Como colla un día ó gracioso que pensou que o “espertador popular” era boa idea voulle dicir un par de cousiñas sobre os seus proxenitores.
Ferrol é, como adóitase dicir, “a pera”.
Moitas ideoloxías a nivel nacional teñen a súa orixe, ou exponentes importantes ós que se remitiren, en Ferrol. E voume explicar gustosamente:
- Dereita: Franco (non fan falla comentarios)
- Esquerda: Pablo Iglesias (fundador do Partido Socialista e Comunista de España)
- Feminismo: Concepción Arenal (primeira muller que estudiou nunha Universidade)
- Galeguismo: Andrés do Barro (o primeiro hit en galego que acadou o nº1 nacional foi “O tren”)
E todo iso por non mencionar que o primeiro famoso que casou cunha persoa do seu mesmo sexo foi Jesús Vázquez (tamén Ferrolán). E unha das mulleres máis desacomplexadas co físico é Teté Delgado (nacida en Ferrol). E temos a paula Vázquez, que é a presentadora comodín (por natural e profesional. Mesmo a teñen chamado a Laura valenzuela actual)
Desexo que todos estes datos sexan motivos para estar orgullosos da nosa terra, e non só (aínda que tamén) da Semana Santa.
Eu, que estou lonxe desde hai quince años da miña cidade adorada, estou moi morriñento, e por iso espero que @s que esteades nela a apreciedes como se merece.
Unha aperta moi forte a tod@s.
Olliños de mel, de doce mirar. Amor ferrolán, amor ferroláaaaaaaaan, que agardando está.