Todo es mentira
La sociedad es un organismo podrido que se conserva bajo el hielo de la hipocresía.
Enrique Jardiel Poncela, escritor y dramaturgo (1901-1952)
La sociedad es un organismo podrido que se conserva bajo el hielo de la hipocresía.
Enrique Jardiel Poncela, escritor y dramaturgo (1901-1952)

Unha anotación do blog de Nacho lévame a unha interesante páxina da web do Ministerio do Interior: o rexistro dos partidos políticos.
Pódese pasar un anaco interesante repasando a lista. Son moitos, e cada un deles seguro que garda unha intensa e apaixonante historia de ambición, oportunismo, poder, vinganza, corrupción e ás veces incluso ideais.
Nestes días hai moito movemento no negocio dos partidos políticos. Queda pouco para as municipais e hai que ter as siglas a punto.
O sorprendente (ou non) é a cantidade de novas formacións galegas que podemos atopar. As máis delas son locais. Vai ser certo iso da dispersión xeográfica e do minifundismo. Algúns exemplos:
Fai dúas semanas nace Ponte Areas de Esquerda (PdeG), que se define a si mesma coma “candidatura vicinal da esquerda soberanista” e ao seu candidato, de 27 anos, coma “recoñecido luitador“. A primeira vista poden parecer Gladiator e a súa asociación de veciños na busca dunha Ponteareas independente. Nas fotos vese moito rapaz imberbe con palestina.
A finais de xaneiro tamén xurde o Partido dos Independientes Orteganos (PDIO). O nome (escrito en castrapo) e o seu logo (un eucalipto) fan do PDIO unha formación moi pegada á realidade galega. O seu candidato toma a decisión de fundar un partido con vocación independente para que a Ortigueira “non nola poidan impoñer nin deseñar desde fóra” xusto despois de que o PSOE (a súa anterior formación) decidise non contar con el coma candidato.
Ese mesmo día tamén se inscriben os Vecinos independientes por Sanxenxo (VIPS). As siglas poden interpretarse como moi apropiadas dado o número de visitantes ilustres que recibe a vila todos os veráns. Está impulsado pola Asociación de Veciños San Cristóbal de Portonovo (¿ou pola de Monte Faro?) e a súa loita vai polo tema do urbanismo (que en Sanxenxo está un pouco desbocado).
Tamén nace Independientes de Barreiros (INDEBA). Cabreados escindidos do PP. (voume dando conta de que o adxectivo “Independentes” nestas formacións quere dicir “ex-dependentes”).
Aparecen Cidadáns por Betanzos (CxB) e Ciudadanos por Porriño (CxP), orixinais nomes para formacións maiormente integradas por ex-PP, quizais tentando copiar o inesperado éxito de Ciutadans per Catalunya.
Tudenses Unidos Independientes (T.U.I.) e Unión Centrista Tudense (U.C.TUI) inscribense en xaneiro con só 4 días de diferencia, amosando que o “independentismo” está de moda na vila fronteiriza. A primeira delas, T.U.I., de ocorrentes siglas, está encabezada polo ex-alcalde, ex-conselleiro e ex-delegado do Goberno Jose Miguel Diz Guedes nun intento de recuperar a alcaldía e contradicir iso de “quien fue a Sevilla…”.
E todo este furor fundacional no pouco que levamos de 2007, pero no pasado ano 2006 tamén naceron un feixe de partidos locais:
¿Quen pode dicir que os galegos pasamos da política? O que pasa é que vemos necesaria unha descentralización partidaria. Menos imperialismo das organizacións galegas e máis democracia de barrio! Viva o meu partido! Viva eu!
Na busca do conhecimento, todos os dias algo é adquirido,
Na busca do Tao, todos os dias algo é deixado para trás.
E cada vez menos é feito
até se atingir a perfeita não-acção.
Quando nada é feito, nada fica por fazer.
Domina-se o mundo deixando as coisas seguirem o seu curso.
E não interferindo.
Lao Tzu (Tao Te Ching, 600 a.C)
(ou de como a pseudo-polisemia dunha palabra da xerga ferrolá e un anuncio de coches lévanme a atopar o camiño do wu wei)
Todos los medios de comunicación tradicionales se financian a través de la venta directa, las ventas promocionales, la publicidad, la subvención, el chantaje y el soborno.
El chantaje se articula generalmente publicando continuamente noticias desfavorables sobre una administración pública o empresa hasta que ésta acepta comprar un producto o contratar un servicio comercializado por el medio de comunicación (o bien productos o servicios de empresas filiales).
El soborno es la medida preventiva que adoptan empresas y partidos políticos para evitar el chantaje. La publicidad institucional es un buen ejemplo. La subvención siempre es una modalidad de soborno.
En todas las Sociedades Anónimas (propiedad de múltiples inversores) sus gestores (asalariados que no son los dueños de la empresa) subcontratan servicios o compran productos a precios superiores a los del mercado a otras empresas a cambio de una comisión ilegal. Una variante a este método es que el gestor realice estas operaciones con terceras empresas de su propiedad.
La cantidad de dinero que mueve esta corrupción corporativa es muy superior a la que mueve la corrupción política.