Novos partidos políticos locais

Unha anotación do blog de Nacho lévame a unha interesante páxina da web do Ministerio do Interior: o rexistro dos partidos políticos.
Pódese pasar un anaco interesante repasando a lista. Son moitos, e cada un deles seguro que garda unha intensa e apaixonante historia de ambición, oportunismo, poder, vinganza, corrupción e ás veces incluso ideais.
Nestes días hai moito movemento no negocio dos partidos políticos. Queda pouco para as municipais e hai que ter as siglas a punto.
O sorprendente (ou non) é a cantidade de novas formacións galegas que podemos atopar. As máis delas son locais. Vai ser certo iso da dispersión xeográfica e do minifundismo. Algúns exemplos:
Fai dúas semanas nace Ponte Areas de Esquerda (PdeG), que se define a si mesma coma “candidatura vicinal da esquerda soberanista” e ao seu candidato, de 27 anos, coma “recoñecido luitador“. A primeira vista poden parecer Gladiator e a súa asociación de veciños na busca dunha Ponteareas independente. Nas fotos vese moito rapaz imberbe con palestina.
A finais de xaneiro tamén xurde o Partido dos Independientes Orteganos (PDIO). O nome (escrito en castrapo) e o seu logo (un eucalipto) fan do PDIO unha formación moi pegada á realidade galega. O seu candidato toma a decisión de fundar un partido con vocación independente para que a Ortigueira “non nola poidan impoñer nin deseñar desde fóra” xusto despois de que o PSOE (a súa anterior formación) decidise non contar con el coma candidato.
Ese mesmo día tamén se inscriben os Vecinos independientes por Sanxenxo (VIPS). As siglas poden interpretarse como moi apropiadas dado o número de visitantes ilustres que recibe a vila todos os veráns. Está impulsado pola Asociación de Veciños San Cristóbal de Portonovo (¿ou pola de Monte Faro?) e a súa loita vai polo tema do urbanismo (que en Sanxenxo está un pouco desbocado).
Tamén nace Independientes de Barreiros (INDEBA). Cabreados escindidos do PP. (voume dando conta de que o adxectivo “Independentes” nestas formacións quere dicir “ex-dependentes”).
Aparecen Cidadáns por Betanzos (CxB) e Ciudadanos por Porriño (CxP), orixinais nomes para formacións maiormente integradas por ex-PP, quizais tentando copiar o inesperado éxito de Ciutadans per Catalunya.
Tudenses Unidos Independientes (T.U.I.) e Unión Centrista Tudense (U.C.TUI) inscribense en xaneiro con só 4 días de diferencia, amosando que o “independentismo” está de moda na vila fronteiriza. A primeira delas, T.U.I., de ocorrentes siglas, está encabezada polo ex-alcalde, ex-conselleiro e ex-delegado do Goberno Jose Miguel Diz Guedes nun intento de recuperar a alcaldía e contradicir iso de “quien fue a Sevilla…”.
E todo este furor fundacional no pouco que levamos de 2007, pero no pasado ano 2006 tamén naceron un feixe de partidos locais:
- Acción por Mugardos (AxMU) (o sexto partido pulpeiro, rebotados do PP)
- Nueva Alianza (NAL) (encabezada polo irmán xemelgo do alcalde de Ares, do PP, nun duelo fratricida no que a verdadeira emoción está en saber a quen votará a súa nai)
- Unión do Pobo Ribadense (UPRI) (de pais descoñecidos e domiciliado nun ático. Non descartemos que os seus coroneis poidan ser a semente do Bloque Nacionalista Ribadense)
- Alternativa Vecinal Independiente Muradana (AVIM) (encabezada pola presidenta dos empresarios e co obxectivo de dotar ao pobo de Muros “de las cotas de bienestar económico, social y laboral que precisa”)
- Partido Autónomo de Corcubión (PACor) (non sei de que van, non me aclaro no remuiño político de Corcubión)
- Agrupación Vecinal de Xove (AVEXO) (cabreados do PP, actualmente no goberno. Os seus ex-compañeiros bromeaban con que o nome da formación ía ser PIXO, Partido Independente de Xove)
- Independientes do Concello de Monfero (ICMON) (¿?)
- Unión das Parroquias de Cangas (UPAC) (liderada por un ex-concelleiro do PP. Co lema “Garantía de honradez” busca roubarlle votos ao actual alcalde do PP. Na inauguración da súa sede, fai uns días, levou ao párroco de Coiro a bendicila)
- Coruñeses Con Buenos Argumentos 2007 (COR.CO.B.A. 2007) (o partido estrela nestas municipais, o máis freak. Moi representativo da auténtica esencia do coruño e da dereita urbana galega)
- Pobo Independente de Cambre (PINCA) (cabreados do PSdeG e tamén co BNG por “apoyar y compartir gobierno municipal con alcaldes socialistas”, en palabras destes ex-socialistas)
- Movemento Veciñal de Gondomar (MOVEGONDOMAR) (non coñezo a esta formación, probablemente teñan ideais moi elevados pero na súa páxina só ofrecen información sobre planos e o Plan Xeral de Ordenación Urbana)
- Xóvenes Xalleiros (XX) (uns rapaces de Santa Comba que ao final non se presentarán ás municipais porque “o concello non está nin preparado nin moito menos capacitado para levar adiante un cambio político”)
- Unión por Ordes (UxO) (?)
- Sociedad Política Local (S.P.L.) (unha das ¡oito! listas que se poden presentar en Porriño)
- Independientes de Lemos (IdeL) (formación monfortina que defende o copyright das actuacións políticas)
- Agrupación Progresista de Culleredo (A.P.D.C.) (que tiveron notoriedade nada menos que por tentar promover un boicot nacional contra os produtos de Schwarzkopf&Henkel, polo peche dunha fábrica de xabróns en Culleredo)
- Apolíticos Parroquias Galegas (P.G.A.) (oximorón fundado por un noiés ocioso e militante do PP)
¿Quen pode dicir que os galegos pasamos da política? O que pasa é que vemos necesaria unha descentralización partidaria. Menos imperialismo das organizacións galegas e máis democracia de barrio! Viva o meu partido! Viva eu!

[…] Vexo no blogue de Xaime que unha chea de partidos locais agromaron na vespera das eleccións coma se foran cogumelos. […]
¿Algunos de estos mini-partidos fundados por militantes y ex-militantes del PP no son algún tipo de proyecto oculto, diseñado desde el PP, para captar voto descontento, y luego pactar para gobernar?.
Por lo demás, esto va a ser muy divertido… aunque no tanto como tu post, muy bueno ;-)
Novos partidos políticos locais…
Nestes días hai moito movemento no negocio dos partidos políticos. Queda pouco para as municipais e hai que ter as siglas a punto.
O sorprendente (ou non) é a cantidade de novas formacións galegas que podemos atopar. As máis delas son locais. Vai…
Xaime, está moi ben o teu post. Ese si que é xornalismo de investigación e non o que presume algún xornal.
Para ampliar a información direiche que o MOVEGONDOMAR está fundado por un ex concelleiro socialista (Manuel Núñez Sestelo) que a demais é deputado provincial, xunto con outros dous ex PSdeG máis. Ambos foron expulsados.
Fáltache ademais Cidadáns por Galicia, creado por un exPP de Rianxo e con base en Melide (http://www.galiciadiario.com/web/notic.php?ide=7177).
Un saúdo e noraboa
Moi bom trabalho. Rim-me moito com a sopa de siglas ;)
VIPS.
VECINOS INDEPENDIENTES POR SANXENXO, se ha constituido debido al descontento que genera la Agrupación Local de Sanxenxo, agradecería, por lo menos, que los verdaderos socialistas que tienen ideales se abstuvieran de criticar nuestra decisión, que en ningún caso fué apetecible, lo sabe perfectamente BLAS, yo mismo he recurrido unas cuantas veces, la intervención de la cordura en Sanxenxo, por ello os pido respeto hacia nuestra decisión y ya veremos lo que dice Sanxenxo.
Además Blas puedes reconocer que Sanxenxo para el PSdeG-PSOE no representaba un objetivo directo, a corto plazo.
Saludos Blas.
Por otra parte, Xaime agradezco la alusión a VIPS en tú comentario, tal partido está promovido por José Luis Rodriguez Lorenzo, no tiene ninguna relación ni con la AAVV de Portonovo, (que por cierto no es la de monte faro, esa es la AAVV de NOALLA) y tampoco tiene nada que ver con SALVEMOS SANXENXO.
Agradecería que tuvierais un poco de respeto hacia una decisión que hemos tomado, VECINOS INDEPENDIENTES POR SANXENXO, VIPS, se debe a la conicidencia en las siglas con IPS Independientes per Salt, nos hemos visto obligados a añadir una letra más, que tiene mucho que ver en las elecciones, V de vecinos.
Blas, agradezco que reconozcas que Sanxenxo no era un objetivo a corto plazo para el PSdeG-PSOE y que la decisión de Dulcinea de no aceptar una candidatura de consenso y futuro, en la cúal ella estaba incluída, llevó a cambiar de actitud y por cierto nuestra actuación fué IMPECABLE, no hemos realizado un escándalo como en otras partes y no digo nombres porque me duele, decirlos. Ok, Blas, no digas ahora que nó lo sabías y tampoco digaís que habeís hecho algo para que predominara la democracia interna, que algún candidato ha salido con un voto y 10 abstenciones, no fué en tu comarca, pero fijate un Pontecesures, por ejemplo, o en el Grove, que sinceramente no se como aguanta Aida tanto descaro, el proceso reciente de selección le ha causado un daño irreparable y esto es verdad, quieres que salga al público diciendolo, acaso ¿quieres que beneficie al PP?, NUNCA LO HARÉ y toma nota. Saludos.
En lo que se refiere a la petición de respeto desde estas mis humildes páginas, solo tengo que decir dos cosas:
1: Me guía siempre el animus jocandi.
2: Es mi gato y me lo follo cuando quiero.
Es tú blog y respeto tus opiniones, pero quería que se supiese que ni la AAVV de Portonovo, ni Salvemos está detrás de VIPS.
Un saludo Xaime.
En generales PSOE
En autonómicas PSdeG
En municipales VIPS
Habrás observado que ya lo he tachado.
Juan José, eu de cousas serias relacionadas co traballo suelo falar ou en persoa ou por teléfono. Co cal permíteme que comente o que eu queira e o que a min me dea a gana.
Acabo de repasar o post de Xaime e o meu comentario (por terceira vez), e que eu vexa en ningún intre se falta ao respecto a ninguén, e eu non comentei nada de Sanxenxo, nin dese partido independiente.
E o que queira protagonismo que valla a “Salsa Rosa” ou ao “Gran Hermano”.
Ata logo.
Por certo Xaime, os partidos de Tui non te recordan ás asociacions pseudomilitares da vida de Brian, o frente popular de judea, o frente do pobo judaico e frent judaico popular… DISIDENTES! Dende logo que e un tema apaixoante… e para que te entreteñas un pasatempo, a teoria do 11-M sgundo un home que traballa en contino e: psoe ten claro que non vai gaña-las eleccions do 14 m polo tanto pacta coa ETA un atentado para que o PP perda a condicion de que se pacte unha negociacion do fin da violencia etarra… tamen me dixo que en Galiza vai ser obligatorio mercar un aparato traductor de textos por se teñes que presentar un escrito oficial… ahi queda iso!
Blas, cuando pido respeto, no es porque se haya faltado, es por si acaso.
Sobre los temas serios, no digo nada, en fin……ya se vé.
Hola Xaime, interesante articulo. En canto a ese partido autonomo de Corcubion decirche que é de risa:
Esta feito por un contructor de Corcubion famoso por contruir sin licencia en multiples ocasions, a mais soada é un lote de apartamentos en Sardiñeiro (Fisterra)Na sua lista comentase que vai a ir xente de Madrid amigos del e obreiros seus. Unha das suas premisas electorais sera que todo Corcubion sera urbanizable. Compre decir tamen que escola viu mui pouca.
Todo un ejemplo de lista, espero que Blas la lea.
Si esto llega a suceder en otra parte……