Machuco de logos políticos
A imaxe gráfica que nos ven á mente cando pensamos nun partido político é habitualmente a do seu logotipo. Nel reside a forza da marca que se pretende vender e a traveso del téntase transmitir a esencia do partido. Toda unha ideoloxía dunha ollada.
Os cadrados vermellos do PSdeG o ligan coa imaxe da nova esquerda europea, que usa habitualmente estes símbolos (como os laboristas británicos ou o SPD alemán). O puño e a rosa enlazan coa tradición socialdemócrata, tamén europea. O seu logo é un clásico da esquerda moderada.
A estrela vermella sobre a bandeira galega do BNG tamén é unha referencia á esquerda (aínda que nacionalista). A estrela é usada en todo o mundo tradicionalmente coma símbolo revolucionario. En España as Xuventudes Socialistas levan cen anos usándoa (durante moito tempo foi o seu único logotipo).
A gaiviota do PP ten menos significado. A versión mais estendida da historia da ave conta que había que escoller unha imaxe para a refundación de Alianza Popular en Partido Popular e a Fraga se lle presentaron varios deseños. Sen darlle moitas voltas escolleu o que lle pareceu máis bonito por conter un animal moi da súa terra. Era o da gaivota.
A verdade é que non son tan importantes.




Non deixas de sorprenderme cos teus post. Son realmente bos.
Un saúdo.
Parabéns, tanto a idea coma a execución son xeniais.
Machuco de logos políticos…
Xaime fai unha reinterpretación dos logotipos dos tres principais partidos na Galiza….
Moi bos, ainda que faltan combinacións.
Tardan… pero vale a pena esperar, coma sempre inconmensurable!!
Estás seguro que o logo do PP é unha gaivota? Non será un albatro co mal fado que iso dálle ás xentes do mar.
Saúdos.
ë cousa miña ou me parece que no logo do Bng tamén teñen unha gaivota enriba???
Lo de la gaviota es algo más complicado si lo vemos bien. Es la ¨rata del mar¨, un animal carroñero que se alimenta de pescado y de lo que encuentre por ahí y se puede encontrar en de vertederos a cientos de kilómetros del mar. En una novela en la que se basa la película Das Boot se describe el horror de los marineros (el curtido capitán obligaba a los vigías a bajar para no desmoralizarlos) al encontrar a naúfragos muertos con la cara comida hasta el hueso por las gaviotas (lo primero por lo que van son los ojos). Estos simpáticos pájaros y las palomas (las ¨ratas de ciudad¨) son ejemplos perfectosde lo ambiguos que pueden llegar a ser ciertos símbolos.