Tecno
Un día propúxenlle aos meus amigos facer un disco. Cada un escribiría e interpretaría unha canción.
É importante sinalar que a maioría sabíamos tanto de música coma de prusiano antigo, pero iso non foi obstáculo para a nosa creatividade.
O estilo e os instrumentos eran libres. JuanK, por exemplo, escolleu unha peza súa de música experimental interpretada, entre outros, con pelota de ping pong e guitarra.
Eu compuxen un tema tecno por ser o que se da mellor nun computador (e porque sempre fun un moderno). Titulábase “M:I”.
Hoxe atopei o disco remexendo entre os cd’s. Aquí vai a proba sonora do que puido ser unha gran carreira musical.

Nunca fun unha especialista en música e menos en música tecno pero parece un pouco monótona a túa composición e con ese son psicodelico de gato tirándose o vacío, imaxinate…
O berro do gato é meu. A ironía tamén.
Eu tampouco son un esperto en música techno, pero non está mal.
Sóname a música de documental ou de informativo.
Non estaría mal algo de letra, sobretodo porque sería “coñera” seguro.
Xaime, a verdade é que sabes facer de todo. Eres un crack.