Un emprendedor ferrolán

Novas oportunidades de negocio: Reconvertir unha leira na parroquia de Mandiá nun prometedor aparcadoiro durante a romaría do veciño monte de Chamorro.
E logo din que Ferrol está en crise.

Novas oportunidades de negocio: Reconvertir unha leira na parroquia de Mandiá nun prometedor aparcadoiro durante a romaría do veciño monte de Chamorro.
E logo din que Ferrol está en crise.
Un emprendedor ferrolán…
Pra que logo digan que eiquí na Galiza o único emprendedor foi Amancio Ortega. Eiquí temos o caso dun ferrolán…e agardamos que sexa o primeiro só :)…
Non sei se fuches ao aquapark de Cerceda pero os das leiras de en fronte estanse a forrar facendo o mesmo. Hai uns que seguro que están a facer a casa cos cartos do “aparcadoiro”
De feito o fenómeno empresarial en cuestión ten nome dende fai anos, chámase “leiraparking” e comezárono @s paisan@s de Silleda con motivo da súa renomeada “Semana Verde”.
De todos xeitos, non deixa de ser curioso que nesta nosa cidade na que nin dios utiliza os aparcadoiros públicos (por caros principalmente), haxa quen faga negocio alugando unha leira enlamada a un prezo desorbitado.