Os maios de Canido

Hoxe, como todos os primeiros de maio dende fai miles de anos, uns cantos veciños do ferrolán barrio de canido sacan á rúa unhas estruturas cónicas cubertas de ramallos, flores e froitas. Son os maios.
Con elas pretenden festexar a chegada do bo tempo, nun día que ademais é o patrón do barrio (aínda que a tradición dos maios é anterior á relixión cristiá).
Din que ata o século XII os maios estaban estendidos por toda Galicia. Na actualidade só se celebra nuns poucos lugares nos que a tradición se recuperou a partir dos anos 70. En Canido nunca se interrompeu. Incluso nos anos nos que non existiu asociación no barrio (chámeselle AAVV, gremio ou tribo) os veciños sacaban os seus maios á rúa de xeito espontáneo. Os de Canido levamos os maios no ADN.
Debe ser a festa galega máis antiga, a tradición máis vella que aínda respectamos.
Nestes últimos anos regresei a vivir a Canido, fixen licor de guinda, tiven un fillo. Faltaba un maio.
Co impulso de Mela e a axuda da miña irmá e a miña nai hoxe diante da miña porta luce un maio.
Agora xa teño aseguradas boas colleitas. Vou ver se xunto xente para bailar ao seu redor.

vou ter que voltar a bailar ó redor do maio!
[…] Ademais dos maios de Canido, o Primeiro de Maio é a xornada que nos trae manifestacións de traballadores/as de todo o mundo, defendendo a liberdade, a igualdade e os dereitos sociais para todos e todas. […]
O ler o teu artigo empecei a cantar:
“Seresín, sersán, que denoite virán. Levánte Maio que tanto tardaches, pasou o Antriodo e ti non chegaches. Seresín, serán que denoite virán…”
Cantiga traidional eumesa doas Maios.
Desde o ano 1997 o Colectivo \\\”A Revolta\\\”, vimos fazendo \\\”Os Maios\\\”, começamos em Canido, pois era o único lugar onde se vinham fazendo com regularidade, mais agora já nos colegios de infantil e primaria está estabelecido como umha actividade didáctica de recuperaçom das tradiçons que se celebra regularmente. Quando estavamos integrados dentro da Fundaçom Artábria, mantinhamos a nossa cita anual. Posteriormente decidimos proponher-lhe á Associaçom Vecinhal de Esteiro \\\”Fontelonga\\\” recuperar \\\”Os Maios\\\” em Esteiro para o que lhe propugemos a nossa colaboraçom, cousa que figemos por dous anos consecutivos na Praça do Hino Galego, mas umha vez que deixamos Esteiro aos desligar-nos da Fundaçom Artábria, nom seguimos colaborando com \\\”Fontelonga\\\” e estes nom vam fazer \\\”Os Maios\\\” este ano, os dous anos de colaboraçom tornarom-se insuficentes. Agora estamos no Centro Social da Gándara em Narom, polo que colaboramos coa sua Associaçom Vecinhal, e este sábado, 5 de Maio,desde as 5 da Tarde estaremos construíndo os nossos maios na Praça da Gándara em Narom. Quem queira participar, já sabe que tem um sítio na Praça da Gánda este Sábado
hola, chamome Ramiro e vivo no Concello de Poio, aquí tamén facemos maios moi bonitiños. Mandavos un enlace ás fotos da web da nosa asociación para que os vexades.
Saudos.
http://marepodium.spaces.live.com/PersonalSpace.aspx?_c11_PhotoAlbum_spaHandler=TWljcm9zb2Z0LlNwYWNlcy5XZWIuUGFydHMuUGhvdG9BbGJ1bS5GdWxsTW9kZUNvbnRyb2xsZXI%24&_c11_PhotoAlbum_spaFolderID=cns!804B2C5B896E7120!489&_c=PhotoAlbum
hola, chamome Ramiro e vivo no Concello de Poio, aquí tamén facemos maios moi bonitiños. Mandavos un enlace ás fotos da web da nosa asociación para que os vexades.
Saudos.
http://marepodium.spaces.live.com/PersonalSpace.aspx?_c11_PhotoAlbum_spaHandler=TWljcm9zb2Z0LlNwYWNlcy5XZWIuUGFydHMuUGhvdG9BbGJ1bS5GdWxsTW9kZUNvbnRyb2xsZXI%24&_c11_PhotoAlbum_spaFolderID=cns!804B2C5B896E7120!489&_c=PhotoAlbum