Eleccións autonómicas 2007
Mentres aquí, tras tras o telón de grelos, os nosos políticos andan doentes tras unha ducia de votos desa parroquia que queda monte arriba e aínda está sen asfaltar, o resto de España, crisol de nacións, está discutindo quen será o seu seguinte presidente autonómico, líder próximo e xestor do correspondente feito diferencial.
Xa sei que todos vostedes coñecen a coincidencia das nosas apaixonantes eleccións municipais coas eleccións autonómicas das rexións de garrafón, aquelas que por posuír menos pedigree teñen que soportar a cadencia cuatrianual (non coma nós, que temos o privilexio de convocalas cando o caudillo breogánico de turno érguese inspirado).
A esa coincidencia debemos os galegos o feito de espertarnos días despois da nosa pugna política de alto nivel parroquial, unha vez xa superada a resaca de promesas sobre o tipo de empedrado da praza de abastos, coa sorpresa de atoparnos varios presidentes autonómicos cambiados. Como é que nolo perdemos?
A explicación é ben sinxela: os nosos medios de comunicación, con redaccións tradicionalmente compostas por catro becarios, dous rapaces con contratos precarios e un senecto director, están totalmente desbordados. Imaxinen o que é cubrir a campaña electoral de cada un dos partidos (nalgúns concellos ata oito) de cada unha das trescentas quince localidades, todos tentando saír diariamente nos papeis a base de iniciativas e actos do máis peregrino (sen ir máis lonxe o outro día, Juan Juncal, o mantido alcalde de Ferrol, tentou sen éxito subirse nun globo aerostático). Non chegan tampouco as páxinas, reservadas na súa meirande parte a dar fe de tanta iniciativa e proposta de fondo calado e tamén a colocar os saborosos módulos de publicidade electoral cos que se paga a cobertura informativa preferente.
Menos mal que para informarse de verdade está o internet, así que facendo gala dese afán culturizador que me caracteriza non podo deixar de recomendarlles a xenial serie que sobre as autonómicas 2007 que está a realizar “La página definitiva“, mestres do humor intelixente e corrosivo. Alí cada unha das autonomías é caracterizada e posteriormente analizada en clave electoral. Hai párrafos impagables, coma estes de Guillermo López no artigo sobre Extremadura:
“Extremadura es una bella comunidad autónoma, una de las 17 bellas comunidades autónomas que componen el Estado español. La rutilante belleza de Extremadura se manifiesta no sólo en sus hermosos parajes o sus monumentos históricos, sino, sobre todo, en la acusada personalidad propia, es más, idiosincrasia propia, en resumen, características diferenciales, que la convierten en una comunidad única, una de las 17 comunidades únicas que conforman el Estado español.
Dichas características diferenciales se ponen fácilmente de relieve por la simpatía de sus gentes, la variedad de su gastronomía, y la existencia de hondas tradiciones culturales como, por ejemplo, tirar a un burro desde lo alto de un campanario como culminación de unas fiestas patronales, a diferencia de lo que podría ocurrir en otras partes de España, donde prefieren tirar yeguas o quemar autobuses, o bien ejecutar hermosos bailes tradicionales ataviados con vestidos de bella factura claramente diferenciados de otros 16 bailes con sus correspondientes vestidos.” […]

F5:
http://www.youtube.com/watch?v=245C8E_WAI8