Bestas

Loita de garañóns

O domingo á mañá fun á rapa das bestas de Pena Toxosa, na serra da Capelada (Cedeira).

Despois de que os acurradores conducisen a un cento de bestas bravas monte abaixo, os aloitadores procederon a rapalas e marcalas con crotais.

A última hora da mañá tivo lugar a loita de garañóns. Uns cabalos fisioculturistas competindo por unha femia. A loita é mais ben estética, orientada a obter a espectacular foto dos cabalos rampantes e enfrontados que será portada nos xornais. Pero tamén hai algúns lóstregos de violencia e crueldade, trabadas e couces furiosos.

5 comentarios

  1. inflarrojos | 26 de Xuño de 2007 - 5:15 pm

    Amigo Xaime, la traducción a tus palabras “e marcalas con crotais.”, en la lengua de Cervantes quiere decir Marcalos con crotal?.
    Perdona mi ignorancia en lengua gallega, pero de ser así, sería la primera vez que oigo que los caballos se marcan con crotal. Por favor sácame de la duda.
    Como ves estoy siendo un poco crítico contigo, pero tb verás que te visito con frecuencia.

  2. oteumelloramigo | 26 de Xuño de 2007 - 7:31 pm

    cama sempre meu caro xai as tuas fotos dos cabalos son boas de verdade!

  3. xaime | 27 de Xuño de 2007 - 12:52 am

    “e marcalas con crotais” é unha expresión indíxena galega de difícil tradución que indica un acto defensivo (a marcaxe) por parte dos gandeiros, que agarrando con ambas mans os seus propios escrotos, os estiran ate formar unha barreira que impide a fuxida do cabalo (paralizado de terror polo visión que ten ante el).

    Agardo ter despexado a túa dúbida.

  4. inflarrojos | 27 de Xuño de 2007 - 12:56 pm

    Duda resuelta muchas gracias y a continuar

  5. Juanma | 13 de Agosto de 2007 - 2:02 pm

    Hola Xaime:
    Teño que puntualizar que a explicación dos crotais non é correcta. Como di inflarrojos os crotais son as chapas/etiquetas/pendientes que se lles poñen nas orellas. Nada que ver co tradicional, e aínda que non é moi frecuente si que hai algúns que os usan para marcar os cabalos, e na rapa podería ver alguns con cahos de plástico amarillos nas orellas.
    Polo demáis vexo moitos conocidos nas fotos.
    Un saudo

Deixa unha resposta