A carreira espacial galega

Fragmentos extraidos da Enciclopedia Galega (Ed. do ano 2107).

A carreira espacial galega iniciouse no ano 2007 co proxecto do satélite de comunicacións galego, a proposta da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, […] e poucos anos despois, unha vez despregada a rede de satélites […] xa estaba madura unha tecnoloxía propia de lanzamento, grazas á experiencia da factoría de foguetes de Fene (situada nuns antigos estaleiros navais destrúidos na tráxica explosión dunha planta regasificadora cercana) e […] alí a pesares do veto da Unión Euroasiática que prohibía fabricar transbordadores espaciais militares, eran deseñados e montados foguetes da clase Pegaso que posteriormente operaba a empresa Monbús no cosmódromo de Punta Arnela […]

Foi así coma no ano 2035 Galicia ingresou no consorcio de países que participaban na Estación Espacial Internacional (ISS), coa ensamblaxe do primeiro módulo galego […]

6 comentarios

  1. Blas | 28 de Xuño de 2007 - 7:56 pm

    Xaime, só poido dicir que eres XENIAL.
    Un saúdo

  2. chuza.org | 28 de Xuño de 2007 - 7:59 pm

    A carreira espacial galega…

    Xaime descríbenos dun xeito moi imaxinativo e humorístico como se desenrolou a carreira espacial e Galicia….

  3. nemtele | 28 de Xuño de 2007 - 8:11 pm

    o melhor, o logo da “nasa” XD

  4. oteumelloramigo | 29 de Xuño de 2007 - 8:02 am

    Vexo que estas a utilizar no prototipo autenticos viraratos de cantería fina, supoño que no modelo definitivo serán sustituidos por unhan aleación de titanio e kevlar inmune ós ataques dos ratóns espaciais, por suposto menos resistentes que os furonciños galegos.

  5. Fariña | 30 de Xuño de 2007 - 4:17 pm

    O deseño está ben, as cualidades da cerámica unidas a un recubrimento de polímeros fan do horreo da Estación Espacial un deseño envexable.

  6. inflarrojos | 1 de Xullo de 2007 - 6:58 pm

    muy bueno

Deixa unha resposta