Limitación de mandatos
Agora que levamos unha tempada cuns cantos políticos novos, que algúns deles aínda son honrados, aproveitando que non ven a conto e que precisamente por iso é bo momento para falar do tema, aquí vai unha cita que me parece magnífica:
Os políticos son coma os cueiros: teñen que cambiarse a miúdo e pola mesma razón.
Tom Doobs (Robin Willians), na película Man of the Year (2006)

Sempre concordei con ese pensamento, ainda que descoñecía a frase, que me parece boísima.
O malo é que non só son aspersoas as que se lixan, tamén as organizacións. Por iso é bo que haxa alternancia, para non dar tempo a que os sistemas de ‘extravío’ de cartos se perfeccionen moito.
Canto máis tempo pasa máis me corroboro en que estar máis de 8 anos nun mesmo cargo de goberno é malo, non recordo a nadie falando marabillas do 4 mandato de ningún alcalde, é máis en tódolos casos que coñezo pasa o mesmo a partir do terceiro mandato se produce un acomodamento no cargo increible, xa se está por inercia, incluso asegurovos que polos cartos, non porque se gane moito na política, que si se gaña moito, senón que te acomodas e xa non che gustaría volver a vida que tiñas antes… e así acabase pactando con quen sexa se perdes a maoiria, e dándolle o que queiran, o caso é que aproben a adicación exclusiva.
Hoxe en día xa é unha pasada, dedicacións parciais de 18.000 euros ó ano en Carballo, exclusivas de 51.000 euros… fan que despois te amarres a eses cartos, é o nivle social no que te moves, porque eses cartos van acompañados da pompa do poder, como te tratan, con quen comes etc, e moitos volver ó colexio ou ó instituto cóstalles moito…
Pero claro, nun momento no que os partidos políticos están nunha carreira en a ver cal é o menos democrático internamente, e que son os propios alcaldes os que máis poder teñen nos partidos, van ser eles mesmos os que cambien nas leis para “perxudicarse”?
¿quen vixia ó vixiante?
¿Non escoitastes falar marabillas de ningún 4º mandato dun alcalde? Seica non vivistes na Coruña (ollo, non estou defendendo a sir Paco)… se os caciques se perpetúan dez, quince, vinte e até 30 anos no cárrego é porque hai xente que non só fala marabillas, senón que coidan que todo o que pense o contrario é un ignorante.