Rema! rema! rema!
Pontedeume ten dúas festas importantes ao ano (en realidade tres porque celebran a de Breamo dúas veces). Onte estiven nun dos días grandes da festa das peras.
É todo moi ritual. Primeiro mómaros e cabezudos percorren o pobo durante toda a mañá. Os mómaros son uns xigantes construidos a partires dun armazón e manexados por dous curtidos eumeses que paran cada dous bares a repoñer forzas.
É interesante observar a foto do medallón do mómaro macho.
Efectivamente: é Pavarotti.
Logo ven a popular cucaña marítima, onde unha chea de rapaces do pobo tentan coller unha bandeira cravada ao final fun pau que colga dun barco. Centos e centos de persoas vendo o espectáculo e moitos fotógrafos recollendo os mellores mocazos a toda cor. E unha chea de eumeses berrando á vez ¡sebo al palo! ¡sebo al palo!
Pero o mellor ven ao final da mañá. A iso das dúas, cando a terceira bandeira da cucaña é apañada, préndese “o galán”.
O galán ven sendo un boneco remando nun bote enriba dun poste. Disque representa aos poderosos. Cando acenden a mecha comeza a dar voltas entre o fume e os asubíos dos foguetes que leva a proa e popa. En menos dun minuto deixa de xirar e ponse a remar. Os eumeses entón comezan o seu mantra: rema!, rema!, rema!, rema!, rema!. Inmendiatamente despois estóupalle a cabeza en mil anacos.
É o mais punk que vin nunha festa.





Muy grande.
Ola. Sei que non vén a conto de nada, pero como refozando por aí vin comentarios no teu blog sobre Magnum e O Carteiro Pat, e estaba interesado en conseguir algún episodio do Carteiro, ou cando menos a sintonía inicial, quería usurparche este espazo pra poñer un deliberado berro de socorro. Ten alguén ese documento?
Moitas garzas, e desculpa.
Cesare, será mellor que te poñas en contacto coa tribo que frecuenta os comentarios da anotación de Magnum (http://xaime.net/2006/08/23/o-regreso-de-magnum-pi/). Son especialistas no tema e seguro que te poden axudar.
Moitas pardelas e de nada.