San Froilán 2007
É a xenuína festa galega, onde o polbo non se exalta, cómese. Onde orquestras, concertos, chiringos, postos e esmorga mestúranse durante unha semana imprescindible. Ata hai un día adicado a Ferrol, cidade irmán!
A única celebración patronal que se publicita por toda Galicia, cuns carteis que soen ser xeniais, onde o polbo é o protagonista.
Este é o cartel deste ano:

Non é tan xenial, verdade? Este ano o cartel é feo, ou polo menos a min mo parece.
E como o mellor xeito de criticar é dar alternativas, aquí van un par de propostas:

-

En PDF where available:

Muy buenas propuestas.De todas formas no me sorprende la creatividad despues de haber visto en primera persona aquel dibujo del profesor Bacterio saliendo de la Facultad de Química….. supongo que todavía lo recordarás (que tiempos aquellos).
A verdade é que fai moito que non collo un lapis para debuxar. Unha de tantas afeccións abandonadas.
¿Tes ti ese debuxo?
O certo e que poderian ser calquera deles o cartel das festas da mellor festa de galicia. Para o vindeiro ano avisareite para que presentes algun deles!
Vaia, acabo de ver que o cartel se elixe nun concurso. Parabéns ao gañador, supoño que se vise isto se daría conta de que é unha coña.
Por certo, sei que moitos non collen o chiste do primeiro cartel. ¿É que non tiveron infancia?
Xaime, eu non teño o debuxo, pero teño a camiseta. algo estragada polo tempo, pero si che interesa o debuxo pásocha.