O penedo e o carballo
No renovado e fermoso camiño que discorre entre Marraxón e A Fervenza (Fene), no medio dunha fraga chea de castiñeiros, carballos e érbedos, hai unha curva na os máis ousados poden cruzar o valado, apartar os toxos e as xilbardeiras e desviarse ata un penedo dende o que se domina o salto de auga do río Belelle. Abrazado pola rocha crece un vello carballo. A caida monte abaixo é de varias ducias de metros, pero agarrarse ás polas da árbore axuda a superar o vértigo.
Seguro que o penedo, polo singular que é, ten un nome (e se cadra unha lenda). Cal será?


Daquela non cho dixen, pero aínda sen ter vértixe, cando estaba sobre a rocha a primeira vez, vía a paisaxe case tan desenfocada como a da imaxe.
Moi, moi, moi boa a foto ;-)
Xaime coincido con Iván na súa totalidade, polo que podo pouco achegar á descrición que fixo da fotografía.
Unha aperta.