Por fin un dicionario de galego
Vía marcus atopo que xa se arranxou a gran eiva da internet galega, que era non ter un dicionario serio en liña. As grazas hai que darllas a Ir Indo edicións.
Gardo na casa un vello dicionario de Ir Indo que atopei de segunda man, do máis normativamente incorrecto pero no que atopo de cando en vez belísimas palabras que xa só se escoitan nalgunha conversa entre nonaxenarios da montaña luguesa. Parabéns e grazas a eles.


A min o que me sorprende do dicionario é que aínda non ten publicidade (nin de publicacións de Ir Indo). Supoño que cando a xente comece a facer uso masivo desta ferramenta procurarán tirarlle proveito económico.
Sumando ao feito de que xa temos Vista e Office 2007 en galego coido que a nosa lingua está a pasar uns bos momentos no sector das TIC.