Fabricando o maior lago de Galicia
Mina de lignito pardo de As Pontes. Corenta anos facendo un enorme burato e enchendo todo un val cos residuos ata convertelo nun monte. Con máquinas coma esta.
Catro anos por diante para encher o furado con auga de varios regatos e do río Eume. Do 2008 ao 2012.
A operación é tan descomunal que só se pode apreciar indo a velo. Unha depresión de seis quilómetros de lado e douscentos metros de profundidade que parece imposible de encher. Se amplias a foto anterior, enriba, á esquerda, verás unha pequena liña gris, moi fina. É un rompeolas. Os grandes bloques de granito apilados agardan a chegada das augas case na cima dun monte.
Ao seu carón estoupa de vida unha montaña artificial, a escombreira, recuberta con medio millón árbores plantadas, con pequenas lagoas e xunqueiras, con coellos, raposos, lobos, corzos e moitos paxaros. Debaixo se esconden corenta anos de pedras e cinza.
A lagoa pasará a mans da Xunta. A escombreira seguirá sendo propiedade de Endesa.
Haberá unha praia de máis dun quilómetro, un peirao deportivo, un campo de golf e zonas de ocio.
A Xunta, Endesa e algúns científicos opinan que será un gran espazo natural, incluso merecedor de proteccións mediambientais. Os ecoloxistas din que o río Eume, que entrará e sairá do lago, se danará seriamente a causa da acidificación das súas augas polos sulfuros e outros compostos das paredes da mina (a empresa fala de cubrilas con arxila).





Xaime, as dúas primeiras fotos son impresionantes. Parabéns.
As fotos son preciosas, cando remate, non dudo que será un orgullo para todos nós. A forma de recuperar un terreo de grandes dimensións y que no seu día deu de comer a moita xente, pero agora dará riqueza ó entorno e a imaxe de Galicia coma mostra de recuperación dos recursos naturáis.
Noraboa.