Aquí
Dna. Ánxela Bugallo
Conselleira de Cultura e Deportes
Primeira dama de Economía e Facenda
Xunta de Galicia
En resposta ao seu escrito de data 19 de setembro de 2007, recibido por un home a cabalo na RAG o 11 de xaneiro de 2008, no que solicita unha aclaración sobre a pertinencia ortográfica do topónimo “Galiza” para denominar o noso País, á luz da nosa enésima modificación das Normas ortográficas e morfolóxicas, a Real Academia Galega, no seu Plenario do día 29 de marzo de 2008 acordou emitir o seguinte ditame:
a) A consellería debe cambiar de empresa de mensaxería.
b) Galicia, Galiza, Galucia e Breogania son formas históricas lexítimas galegas no sentido filolóxico. As catro circularon na época do pre e post-fraguismo, pero só Breogania mantivo ese feeling tan cool de xeito ininterrompido ao longo da historia na lingua oral.
c) A denominación oficial do País normativa e xurídicamente lexítima é “Aquí”.
Pacoland, 29 de marzo de 2008.
Asdo.: Xosé Ramón Gayoso
Presidente do Luar

[…] Agora tamén cavilo en enviar un escrito á RAG solicitando a pertinencia ortográfica de País para denominar o noso País. Escrito por opaco Arquivado en fóra, lideiras Fala sen medo […]
Que grande!
:lol: :lol:
Xaime podesme explicar o que pasa, que eu non o pillo.
Sinxelamente xenial!
moi boooooonn!
benvidos a aqui! je!
Eres Xenial!!!!