Crise

Sobe a gasolina para poder manter a rendibilidade do capital dos especuladores fuxidos do ladrillo.
Soben os productos básicos para salvagardar a marxe dos intermediarios.
Soben os alugueres para que non perdan cartos os que se creron que a vivenda, máis que un dereito, era un investimento.
Sobe o canon para que a SGAE salve o seu caduco modelo de negocio grazas ao que lles pago por gardar as miñas fotos en DVD.
Sobe a luz para tapar os buratos que teñen as eléctricas dende que, en época de vacas gordas, decidiron “investir e diversificar” no estranxeiro.
Mellor non falar do Euribor.

Ao mellor a ti te pasa como a min, que te sobe o salario por debaixo do IPC (é dicir, te baixa) pero tes que ser o paganini de todas esas subas. Ben, seguro que te sentes mellor sabendo que estás a paliar a desaceleración dalgúns sectores.

Como dis? Que te cagas en la puta madre da desaceleración? Acouga, que te vai dar unha crise desaceleración.

2 comentarios

  1. BorjaRS | 3 de Xullo de 2008 - 2:04 pm

    Touché.

  2. oteumelloramigo | 12 de Xullo de 2008 - 10:10 pm

    esqueces o prezo do leite…as industrias e o seu famoso pago por sobreproducción en negro!

Deixa unha resposta