A foto de Fene

Dende fai uns uns meses estaba dándolle voltas a como facer una foto do concello de Fene.

Primeiro pensei nos métodos que utilizo habitualmente para atopar lugares altos con boas vistas. O primeiro deles é usar o Google Earth coa capa de terreo 3D que ten, e tras ver cal é a maior elevación preto do lugar, simular co programa cales son as vistas que podería ter nos seus arredores. O segundo é usar unha funcionalidade xenial da Carta Digital do Ejército que amosa a visibilidade que tes dende o un punto dado do mapa.

Así atopei no seu día o cumio de Coto do Rei, no monte de Marraxón, dende onde saquei algunha boa foto de Ferrol (por exemplo unha enorme que está colgada na entrada do Hotel Plaza, en Ferrol).

Coma nos últimos tempos xa coñezo mellor o Concello de Fene, me din conta de non hai un sitio máis alto que Coto do Rei, que con case 400 metros sobre o nivel do mar é en realidade o punto mais alto arredor de toda a Ría de Ferrol.

Outras opcións con boas vistas de Fene, son os dous viadutos da Autopista AP-9 que cruzan o concello. O problema disto é que está prohibido parar na autopista, e tiña dor de cabeza só de pensar a de chamadas que tería que facer a Audasa e á DGT para conseguir un permiso. Ademais, ao igual que dende Marraxón, a foto sería “das costas” do concello. Fene mira cara o mar (ou cara ASTANO, mais ben).

Pero non podo sacar unha foto elevada dende o mar, pensei.

Así foi coma Iván me deu unha idea: subamos á ponte grua de Navantia.

A ponte grúa de Navantia, como a chaman en Fene, é unha grúa pórtico que podería albergar no seu interior a Catedral de Santiago. Pode levantar pezas de 800 toneladas. É grande, moi grande. E canto estás preto de dela te das conta de que o é máis do que pensabas.

Ría de Ferrol e grua pórtico

Pedimos o correspondente permiso e subimos a ela nun fermoso atardecer de primaveira. Ten un ascensor, e no interior da viga central hai varias habitacións e espazos moi grandes. Enriba de todo a plataforma ten 14 metros de ancho e todo o longo da viga. É unha estrutura tan grande e tan sólida que nin sequera tes vértigo.

Foi unha hora de sesión de fotos que deu para moito.

Deu, por exemplo, para que poida parir este panorama composto de 31 fotos e 120 megapixeles que estou a piques de rematar e que creo que é a foto que todo fenesista debe ter no seu salón. É a foto de Fene.

Panorama de Fene

Evidentemente nesta miniatura non se aprecia ben a foto. Aquí poño un recorte a tamaño real duns rapaces de San Valentín pasando o rato.

Detalle do panorama

E finalmente o orgulloso autor subido a lomos do xigante de ferro, nunha foto que me sacou Iván e que co contraluz impide que se aprecie ben o sorriso.

Xaime no lombo da besta

En curto prazo colgarei aquí a foto de Fene en alta resolución para uso e gozo de quen a queira.

4 comentarios

  1. Iván | 11 de Xullo de 2008 - 6:18 pm

    Moi ben, vexo que xa case falas con tanta paixón de Fene como de Canido; iso está moi ben!

    O do contraluz é a propósito, para manter viva a túa enigmática face, ademais de para que teñas a vista de Ferrol dende a Ponte Grúa; o de Grúa Pórtico é moi de enxeñeiro ferrolán ;-)

  2. sanquera | 12 de Xullo de 2008 - 10:34 pm

    So un apunte, en Fene como en toda a comarca ségueselle a chamar grua pórtico de ASTANO

  3. xaime | 13 de Xullo de 2008 - 10:40 am

    ñi ñi ñi.

  4. Trasancos | 21 de Agosto de 2008 - 12:42 pm

    Agardaremos impacientes a foto Xaime. Graciñas por adiantado.

Deixa unha resposta