El albañil que tapa tu agujero
Parafraseando ao Chivi (aínda conservo a camiseta dun concerto que perpetrou fai uns años na Coruña), o albanel que tapa os meus buratos culturais son os veráns pasivos, aqueles nos que non se viaxa nin se cambia de vida (iso xa o fixen no inverno). Este é un deles.
Os amputados temarios do noso mutilado sistema educativo fan que moitos de nós sexamos uns burricáns en moitas materias, facéndonos crer, por exemplo, que a historia de España remata en 1814 coa restauración absolutista, e obrigándonos a facer a nosa propia pesquisa para saber que ocorreu nese burato negro ata o 1982 (momento no que para os da miña idade comeza a actualidade).
Tamén, coma moitos dos meus, saín de COU coa idea na cabeza de que o universo se compón de xeito exclusivo de moreas de protóns e neutróns merodeados por uns cantos electróns e que se relacionan entre si por medio dunha serie de forzas indistinguibles da maxia. Así, a pelo, sen máis. Unha rápida enquisa ao meu redor fai que me decate de que isto segue sendo así para moitos da miña xeración. Medo teño de preguntarlle aos máis novos. O Modelo estándar e a Relatividade Xeral nunca foron mencionadas en ningunha das ensinanzas regradas ás que asistín. Tocaba pois, este ano, botar un pouco de masa no gran burato da física.
Evidentemente a espoleta que fai que tente saber un chisco destes temas é o Gran Colisionador de Hadrones, que sae xa en todos os papeis. Non tiña un idea moi clara de para que servía realmente.
O problema ven agora. Coa profundidade que son capaz de ver estes temas, sobre todo sabendo que xa son maior para pasar as tardes entretido con ecuacións, ¿en que me apoio para crer no campo de Higgs e negar ao strangelet do Apocalipse xerado no LHC?
Fariña, axúdame.