El albañil que tapa tu agujero

Parafraseando ao Chivi (aínda conservo a camiseta dun concerto que perpetrou fai uns años na Coruña), o albanel que tapa os meus buratos culturais son os veráns pasivos, aqueles nos que non se viaxa nin se cambia de vida (iso xa o fixen no inverno). Este é un deles.

Os amputados temarios do noso mutilado sistema educativo fan que moitos de nós sexamos uns burricáns en moitas materias, facéndonos crer, por exemplo, que a historia de España remata en 1814 coa restauración absolutista, e obrigándonos a facer a nosa propia pesquisa para saber que ocorreu nese burato negro ata o 1982 (momento no que para os da miña idade comeza a actualidade).

Tamén, coma moitos dos meus, saín de COU coa idea na cabeza de que o universo se compón de xeito exclusivo de moreas de protóns e neutróns merodeados por uns cantos electróns e que se relacionan entre si por medio dunha serie de forzas indistinguibles da maxia. Así, a pelo, sen máis. Unha rápida enquisa ao meu redor fai que me decate de que isto segue sendo así para moitos da miña xeración. Medo teño de preguntarlle aos máis novos. O Modelo estándar e a Relatividade Xeral nunca foron mencionadas en ningunha das ensinanzas regradas ás que asistín. Tocaba pois, este ano, botar un pouco de masa no gran burato da física.

Evidentemente a espoleta que fai que tente saber un chisco destes temas é o Gran Colisionador de Hadrones, que sae xa en todos os papeis. Non tiña un idea moi clara de para que servía realmente.

O problema ven agora. Coa profundidade que son capaz de ver estes temas, sobre todo sabendo que xa son maior para pasar as tardes entretido con ecuacións, ¿en que me apoio para crer no campo de Higgs e negar ao strangelet do Apocalipse xerado no LHC?

Fariña, axúdame.

3 comentarios

  1. Fariña | 1 de Setembro de 2008 - 11:11 pm

    Xaime, nesto non podo axudarche moito, non me dan os coñecementos para moito, so decir unah cousa, cando estudiamos no instituto e nos primeiros cursos da carreira electromagnetismo estudiamos eso que que unha carga electrica exerce unha forza instantanea sobre calquer outra carga esté a distancia que esté, pero resulta que non é certo, non é certo que as forzas sexan por nada e menos que sexan instantáneas, o problema é que non se atopou que é o que “transmite” a masa (o que é a forza da gravidade), o que están é intentando atopala o que sería un grande éxito… o peor de todo é que coas teorias científicas que temos non somos capaces de entender o universo, como decia un profe meu, as contas non dan, e o que facemos é seguir pensando e investigando. O máis seguro é que dentro duns anos queda ridículoo que se pensaba.

    Mentres eu estudiaba os neutrinos non tiñan masa, pasaron a parecer que podian tela e ahora demostrouse que si a tiñan, jejejejej.

    Cando pensas profundamente na ciencia dache dor de cabeza, por poñerche un exemplo de informático, ti sabes que a electrónica está baseada no efecto tunel, é decir que si empezamos a darlle cabezazos á parede podemos chegar a atravesala sen tocarlle á parede, ainda que é pouco probable, pois sabes que sen ese efecto non usariamos transistores.

    Ou peor, que é un electrón? nun post no meu blog poñerei que creemos que é un electrón, pero polo que sabemos o electrón ten masa ten carga electrica pero non ten tamaño? comooooo? pois eso un lio.

  2. xaime | 2 de Setembro de 2008 - 3:49 am

    Moitas grazas polo teu comentario.

    O que non termino de entender, é pq cando nós estudabamos física se nos explicaba iso de que que as forzas eran instantáneas e por nada xa se sabía que non era así. En 1973, por un traballo do 1968, xa lle deran un Nóbel a un grupo de xente que explicou bastante ben as forzas electromagnética e nuclear débil. No 83 no CERN xa se detectaran os bosóns W e Z, responsables da forza nuclear débil e da corrente neutra respectivamente e teorizadas polos que recibiron o Nóbel no 73.
    Porqué entón se nos seguían explicando esas milongas.

    Deixando de lado á busca da partícula responsable da masa (o bosón de Higgs), en 1964 xa se formulou o mecanismo polo cal se deduce a existencia de masa. Logo todo iso se integrou no Modelo Estándar, que non entendo pq non se explicaba nos 90 (non sei se se fai hoxe). Entendo que non se fale do que está fora do Modelo Estándar (aínda que non costa nada mencionalo), como o gravitón e o resto de elucubracións. Pero do aceptado como “provisionalmente certo” si.

    Na miña propia facultade, por exemplo, a pesar de ter unha materia exclusivamente de física (fundamentalmente electromagnetismo e física dos semicondutores) non mencionan para nada o efecto tunel. Se nos explica unha parábola de electróns e “huecos” que nos deixaba a moitos con cara de gilipollas.

    Ti que es profesor debes ter algunha explicación a esta lagoa consciente de coñecementos que hai da física no sistema educativo.

  3. Fariña | 2 de Setembro de 2008 - 10:41 pm

    Explicar electricidade como se as forzas fosen instantáneas é bo, pero decindo que é unha aproximación, cando facemos cargas separadas 1 metro a velocidade da luz é instantanea e entender esas leis do electomagnetismo está ben, pero sabendo que son aproximacións boas na maioria dos casos.

    A física cuantica e o estado sólido non se estudian no instituto e eso é o malo, é parte fundamental das nosas vidas, o dos electróns e ocos é necesario para entender os conceptos de corriente, e poden ser bastante intuitivos explicados con bolas de billar agolpadas, se falta unha bola e as movemos enchendo o oco que queda nunha dirección podemos explicar o movemento decindo que se moveron 200 electróns nunha dirección enchendo o oco, pero é mellor facer a conta como se fose o oco o que se move.

    Pero se non se vos explica o efecto tunel como creedes que un transistor funciona en inversión? en inversión os electróns atravesan “paredes” e dependendo da anchura do transistor e da voltaxe pasan máis ou menos e podemos regular o transistor e funcionar en inversa, tensión Zener.

    O malo é que ensinar estas cousas a nivel de insituto non costa nada, non fai falla saber matemáticas para saber o básicoe creo que é bastante máis atractivo que facer o puñeteiro plano inclinado das narices, o que pasa é que estamos acostumbrados a física pre-cuantica e nadie quere que se ensine, cando eu creo que calquer rapaz está disposto a entender antes como funciona un amplificador que a saber facer exercicios de poleas en planos inclinados.

Deixa unha resposta