Non che era sen tempo

Visto hoxe na miña páxina de inicio do Facebook. De verdade.

Visto hoxe na miña páxina de inicio do Facebook. De verdade.
Aproveitando uns días libres e o bo tempo que chegou de súpeto, hoxe á mañá estiven a pasear por Ferrol. O paisaxe habitual de rapaces palmando a clase para fumar, xubilados sentados nos bancos coa mirada perdida e prexubilados correndo a presa dunha ocupación a outra, xunto co movemento do pequeno comercio enchen dunha falsa actividade á cidade.
Unha xornalista da radio correndo pizpireta cara a praza de Amboage, outras dúas da prensa escrita comentando que perderon a rolda de prensa onde se produciu a ultima nova declarativa de actualidade (Fulano declara isto, Mengano afirma o outro, Zutano se compromete a…), opositores portando os pesados temas nos que depositan a súa esperanza. As cafeterías cheas.
Eu arrastrando os pes de vagar, lambendo o sol nas rúas de baixada, reparando nesos pequenos detalles do escenario onde se desenvolve esta noveliña.
Sen deixar de amosar a miña decepción porque non gañase o ficus, deixo aquí tirada unha gran frase de Ralph Nader
The only difference between the Republican and Democratic parties is the velocities with which their knees hit the floor when corporations knock on their door. That’s the only difference.