Arquivo do tema 'tecnoloxía'

Geek madurito, libros viejos, conocimientos y magia

“Este apéndice describe el modo de especificar cadenas fonéticas para el sintetizador de lenguaje Narrator (por medio del comando SAY). No necesita ninguna experiencia previa en fonética, en informática o en idiomas, para comprender el procedimiento. Ni siquiera necesita saber escribir las palabras, sólo pronunciarlas.

Manual del Amiga Basic (1985)

[…] La capacidad de manejar memoria virtual habría garantizado, por si sola, un puesto en la histora apara el MC68010, pero este chip todavía hace más cosas. El MC68010 es capaz de emular sistemas operativos inexistentes […]

68000/68010/68020. Arquitectura y programación en ensamblador (1989)

A carreira espacial galega

Fragmentos extraidos da Enciclopedia Galega (Ed. do ano 2107).

A carreira espacial galega iniciouse no ano 2007 co proxecto do satélite de comunicacións galego, a proposta da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, […] e poucos anos despois, unha vez despregada a rede de satélites […] xa estaba madura unha tecnoloxía propia de lanzamento, grazas á experiencia da factoría de foguetes de Fene (situada nuns antigos estaleiros navais destrúidos na tráxica explosión dunha planta regasificadora cercana) e […] alí a pesares do veto da Unión Euroasiática que prohibía fabricar transbordadores espaciais militares, eran deseñados e montados foguetes da clase Pegaso que posteriormente operaba a empresa Monbús no cosmódromo de Punta Arnela […]

Foi así coma no ano 2035 Galicia ingresou no consorcio de países que participaban na Estación Espacial Internacional (ISS), coa ensamblaxe do primeiro módulo galego […]

Where the puck is going to be

Going back over history, I skate to where the puck is going to be, not where it has been.

Steve Jobs (só estaba a vendernos un teléfono, pero a frase é boa)

O primeiro informático galego

Cinta perforada

O pasado domingo La Opinión de A Coruña publicaba unha mini-autobiografía dun coruñés que afirmaba ser o primeiro informático galego. Titulábase “El coruñés pionero de la informática”. A continuación un extracto:

“[…] cuando terminé el Bachillerato comencé a trabajar en el Ayuntamiento en la sección de Arbitrios Municipales y Consumos, lo que me sirvió de plataforma para seguir estudiando y prepararme en el área de Contabilidad. Esta formación me permitió ser seleccionado mediante una prueba por la empresa americana NCR, que me envió en el año 1968 a Madrid, donde conocí las primeras normas de la informática, que era toda una novedad en aquella época, por lo que puedo decir que soy el primer gallego que empezó a trabajar con ordenadores.”

Onte Gonzalo, que xa traballaba con mainframes cando os dinosauros poboaban a terra, replicaba coa seguinte carta ao director:

“El señor César de la Fuente Parapar, que en La Opinion del 29 de octubre presume de ser el primer gallego que empezó a trabajar con ordenadores, no deja de ser un fantasmón. Ya en el año 1967, un año antes, yo trabajaba con grandes ordenadores (no un NCR 550, que no pasaba de ser una máquina para llevar la contabilidad). Y, como yo, había gente en el Banco Pastor y La Caja de Ahorros, tanto de Coruña como de Santiago, que ya estaban programando ordenadores serios.
Por lo tanto, le ruego al señor De La Fuente que no se tire carretes.”

Dou fe da veracidade do que di Gonzalo. Aínda conservo as tarxetas perforadas coas que me agasallou e vin cos meus ollos os discos duros tamaño trailer nos que gardaba os dez megas que manexaba bit a bit. As súas historias sobre como tiña que ir a secuencia de ordes de lectura para aproveitar o intre preciso no que o dato pasaba baixo os cabezais e así aforrar voltas de cinta eran estremecedoras.

O máis divertido do asunto é imaxinarse ao bo de Gonzalo, desfrutando xa da xubilación, sentado no seu sillón pola mañá e berrándolle ao xornal iso de fantasmón e o de que no se tire carretes. Tamén é curioso ver como as controversias entre compañeiros de profesión son tradicionais, pero no lugar de discutir de PC vs. Mac a liorta estaba, por exemplo, en UNIVAC vs. NCR.

De todos os xeitos, o primeiro informático foi o meu avó, que me contou cando eu era moi neno que antes de ser aviador e toreiro xa se adicaba a programar alternadores (así chamaba el aos ordenadores). Claro que tamén dicía que era atómico.

Room Area Network

Cando fai un par de anos decidín mercar un portátil dinme conta de que necesitaba unha rede wifi na casa. Amañei un PC vello e púxenlle unha tarxeta wifi. Logo lle instalei unha ubuntu e o convertín nun servidor multipropósito. Facía de punto de acceso wifi, servidor ftp, ssh, proxy, mldonkey e daba servizo de cortalumes e QoS. A traveso del accedían a internet un PC de escritorio, un portátil, unha Nokia 770 e ofrecía cables ethernet e acceso wifi ás visitas. Era a miña navalla suíza informática. Gracias a el tiña acceso dende fora da miña casa a todos os meus arquivos, facía de pasarela a onde fixese falla grazas ao port forwarding do ssh e me sacaba de apuros moitas veces.

Todo iso estaba enriba dun armario nunha habitación que servía de almacén e de sala de informática. Pero a futura chegada dun novo membro da familia impuxo unha reordenación dos espazos na casa. O CPD/almacén converteuse no meu dormitorio e e meu dormitorio pasou a pertencer a otro Xaime máis novo.

E agora que fago? O meu cutre-servidor fai demasiado ruído como para poñelo nunha parte habitada da casa (e practicamente son todo zonas habitadas).

Momentaneamente na sala hai un linksys WRT45G correndo DD-WRT que da servizo de punto de acceso wifi/ethernet e de servidor ssh. Alí tamén está o PC de escritorio, alí uso o portátil e alí descansa a Nokia 770 cando está na casa.

Agora teño unha rede de area habitacional.

Gaim

Non está vostede canso de usar catro tipos de clientes de mensaxería instantánea? O MSN, o gtalk (ou jabber), o Yahoo Messenger…

Cada un dos seus amigos usa un distinto e vostede non quere perder contacto con ninguén. Non sería marabilloso que existise unha aplicación que permitise conectar con todos eles? pero gratis, eh.

Pois ben, existe. Chámase Gaim. Hai versións para Windows e Linux. Pode descargarse de balde e a súa instalación non é demasiado complicada.

Gaim

Vaiamos por partes:

  • Baixaremos a versión 2.0.0-0beta3.1 (para windows sería esta).
  • Instalámola polo procedemento de “Dálle que yes a todo”.
  • Unha vez instalada, a executamos e nos aparecerá a fiestra de “Cuentas” na que deberemos engadir cada unha das contas que posuamos nos distintos sistemas de mensaxería. Elixiremos o protocolo e encheremos os dados de nome de usuario, contrasinal e alcume. No MSN é trivial, pero se usamos gtalk deberemos seguir estas sinxelas instruccións.

Unha vez feito isto xa podemos comezar a usalo, aínda que convén botarlle unha ollada a “Preferencias e Complementos“, no menú Herramientas, para configurar o Gaim ao noso gusto (como por exemplo activar o complemento de “Icono del area de notificación del sistema”, para facelo menos intrusivo).

Recursos informáticos para galegofalantes

Como conseguir que o seu ordenador fale galego:

Software:

Para poñer o teu Windows XP en galego

Para poñer o teu MS Office en galego

O OpenOffice.org é unha suite ofimática coma o Microsoft Office (é compatible cos seus documentos), coa diferenza de que é de balde (e libre e moi útil).

Jacobo Tarrío, a quen nunca lle poderemos agradecer o suficiente que lle bote tempo a isto, vai facendo traducións dos produtos de Mozilla para que poidamos usalos en galego.

O popular e completo cliente de correo xa ten corrector en galego.

Tradución de Software Libre ao galego. A esta xente tamén hai que darlle moitas veces as grazas. Teñen enlaces a distribucións e aplicacións que soportan o noso idioma.

Unha distribución de Linux en galego.

Outra distribución de Linux en galego.

Recursos en liña:

Hai moitas máis cousas en galego ahí fora, algunhas moi útiles e actuais e outras non tanto. Bótase en falta un portal da administración galega específico sobre estes temas e un dicionario de galego máis completo.

Política e Internet

Ás veces esquecemos a gran fractura que existe entre os criados na xeración da tecnoloxía e os que aínda viven nun mundo xestado noutro século.

Esta división prodúcese non só por tramos de idade, senón tamén por localización xeográfica, extracción social ou profesión. É un problema de difícil solución que temo non se resolverá ata que os nacidos nesta década sexan os protagonistas do futuro (iso non exime aos políticos do presente da responsabilidade de afrontalo nas súas vertentes máis graves: a fractura económica e a xeográfica).

A actual xeración que ocupa a elite do poder no estado (e tamén en Galicia) pertence por idade e profesión, salvo algunhas honrosas excepcións, a novocentistas criados na cultura da metade do século XX. Non puideron por idade ter unha formación tecnolóxica. Non é culpa súa a década na que naceron, pero si que o é a falta de interese que amosan hoxe en día.

Os políticos toman decisións políticas. É o seu traballo. Contan co asesoramento de técnicos moi capacitados, pero tamén se apoian moito na súa experiencia a coñecemento.

É coñecido nos seus círculos que Rajoy, Touriño, Quintana, Núñez Feijoo e moitos outros políticos de primeira liña non saben apenas manexar un rato. Non é un mérito pero tampouco é tan grave como se o que tivera esa eiva fose o ministro de industria (que entre outras ten as competencias de telecomunicacións e da sociedade da información).

As manifestacións do ministro José Montilla sobre a intención do goberno de lexislar para impedir acceder determinados contidos de internet aloxados no estranxeiro ao amparo da futura “Lei de impulso da sociedade da información” é probablemente froito desa fractura tecnolóxica e xeracional.

O ministerio non entende que non se pode tratar o acceso á información en internet como se fose un artigo de importación que ven en containers e que pode ser ilegal no pais receptor. Ata o de agora non foron bloqueadas as emisións de radio con contidos ilícitos en España que se poden recibir por onda media (incitando á violencia ou fomentando a discriminación racial). Probablemente por que é imposible.

Implantar sistemas de censura no acceso ao tramo internacional da rede requiriría dunha infraestrutura que só posúen China, países islamistas radicais e pequenas ditaduras. Habería que facer un convenio con eses países para intercambiar experiencias e tecnoloxía de filtrado. Pertencer a ese club daría vergoña a calquera democracia.

Pero é que ademais na práctica é case imposible facelo. Pódese saltar ese filtro de moitos sinxelos xeitos de sobra coñecidos polos activistas a prol das liberdades e dos dereitos humanos desas ditaduras.
Evidentemente os que son descubertos facéndoo son duramente reprimidos polo réxime. Ese é o mellor método de control. ¿Será España capaz de facer algo así?

Confiemos que Joan Clos teña máis prudencia á hora de ter ideas e máis tempo para escoitar aos asesores do ramo.